AXENDA CULTURAL

I Festa de Pixamas para Peluches na Livraria Suévia

Os nenos e nenas deixan na libraría o seu peluche o xoves 5 e recólleno o luns 9. Durante esos días, envianselle fotos das lecturas e actividades que farán as suas máscotas de trapo.   

I Festa de Pixamas para Peluches na Livraria Suévia
Cartaz Festa Pixamas
Cartaz Festa Pixamas

A Coruña, 4 de decembro de 2019. Coincidindo coa Ponte Escolar da Constitución, a Livraria Suévia celebra a I Festa de Pixamas para peluches. Mañá xoves 5, ao longo da tarde (de 18.00h a 20.00h), as nenas e nenos deixan na libraria o seu peluche e todo o que precise para unha divertida festa que durará ate o luns 9 de decembro, que as nenas e nenos poderán recoller o seu amigo ou amiga e levar un recordo da festa.

As crianzas poderán cubrir a ficha na libraría o xoves, na que farán un debuxo do seu amigo e facilitarán outros datos de interés, ou tráela xa cuberta da casa. A ficha está dispoñíbel na páxina de Facebook da Livraria Suévia. Ao longo da fin de semana, enviaránselle fotos das actividades que realizarán os peluches, cos seus contos preferidos e moitas sorpresas.    

Esta é unha actividade de promoción da lectura, coñecida no mundo anglosaxón como “Stuffed Animal Sleepover”, moi popular en Estados Unidos e Xapón. Nestes paises está dando moi vos resultados e mesmo se ten demostrado, de forma científica e por primeira vez, ser eficaz para que os nenos gosten dos libros. O estudo, publicado en Helyon, demostrou que este tipo de iniciativas son "efectivas para que os nenos e nenas lean" . Ademais  “axudan ao desanvolvemento do comportamento prosocial -que inclue entre outras habilidades, a comunicación e interacción cos demáis, facendo que os pequenos lean os libros que os seus peluches escolleron durante a noite”. 

Os investigadores, procedentes de distintas universidades do Xapón, aseguran que “esperan que máis países se unan a este tipo de iniciativas, xa que ten un efecto muy positivo nos hábitos de lectura dos máis pequenos”. “Ate o de agora non existía evidencia científica ao respecto: esta é a primeira vez que se demostra que si os nenos e nenas participan nestas iniciativas, leen máis libros”.

Comentarios
I Festa de Pixamas para Peluches na Livraria Suévia