AXENDA CULTURAL

A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos esta semana

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos para Bebés o martes 18 de decembro ás 17.30h, recomendado para nenos e nenas menores de 3 anos. Contaranse varias historias sobre o Nadal e ao remate @s [email protected] xogarán con diferentes obxectos. O xogo heurístico inicia aos [email protected] na exploración e clasificación de obxectos e reforza a compresión mediante a manipulación libre.

A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos esta semana
ContaContosBebes-Nadal
ContaContosBebes-Nadal

Xa o venres 21 de decembro ás 18.30h e o sábado 22 de decembro ás 12.00h, terá lugar o ContaContos de Nadal, recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Contaranse tres historias baseadas nos seguintes títulos:

  • O Nadal de Ernesto e Clementina de Gabrielle Vicent editado por Kalandraka.
  • El reno de Navidad de Nicola Killen de Ediciones B
  • O Apalpador de Xoán G. editado por Biblos.

Para rematar, [email protected] as nenas e nenos participarán nun Obradoiro no se confeccionarán a tradicional Bola de Neve do Apalpador. Para poder participar @s [email protected] terán que levar da casa un bote transparente que feche ben. Anexo enviamos un video para explicar o resultado do Obradoiro

Todas as actividades son gratuítas e non é necesario anotarse previamente.

Comentarios
A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos esta semana