Buscar
11:54h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

Axenda Cultural

A Livraria Suévia celebra a Candeloria cun Contacontos e un Concurso de Decoración de Paxariñas

A Livraria Suévia celebra A Candeloria, o vindeiro sábado 3 de febreiro ás 12.00h, cun Contacontos dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, no que se contarán historias nos que os paxaros son os protagonistas. Ademais, entre as nenas e os nenos participantes, farase un Concurso de Decoración de Paxariñas. Todas as crianzas conseguirán un premio.

Cartaz Candeloria
Cartaz Candeloria

A Candeloria celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais