Axenda cultural

Contacontos + Obradoiro #NadalSustentable

A Livraria Suévia acollerá un ContaContos e un Obradoiro de decoración de Nadal

Contacontos + Obradoiro #NadalSustentable
ContaContosdasMudanzas
Contacontos das Mudanzas

Na Livraria Suévia (R/ Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos mañá sábado 24 de novembro ás 12.00h, recomendado para nenos e nenas de máis de 3 anos.Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:

  • El Camaleón Malcarado de Xan López Dominguez, editado por Edelvives
  • A noite das Mudanzas de Pep Brunos e Lucie Müllerová, editado por OQO
  • Un oso es un oso (o puede que no) de Karl Newson editado por SM

Comezamos unha serie de Obradoiros no que se realizarán adornos de Nadal, baixo o lema #NadalSustentable. En todos eles realizarase un adorno con material de refugallo ou collido da natureza. Neste primerio obradoiro @s nen@s pintarán pinas de piñeiro. Aínda que a pintura que se utilizará pódese lavar, recomendamos traer roupa adecuada.

Esta actividade é gratuita e non é necesario inscribirse.

Contacontos + Obradoiro #NadalSustentable