ENTREVISTA | Ana Iglesias, xerente de ProCar

“Moitas mulleres se sinten desprotexidas”

LilAgra | ENTREVISTA | Ana Iglesias, xerente de ProCar

“Moitas mulleres se sinten desprotexidas”
Ana Igleias, gerente de ProCar
Ana Igleias, gerente de ProCar

Que discriminacións atopáchesche na túa traxectoria profesional por ser muller?

Antes as situacións anómalas, eran aínda máis acusadas que na actualidade, aínda así sufrín a desigualdade salarial: sempre cobrei menos que un home no mesmo posto de traballo. Certos traballos extras asignábanse sempre ás mulleres, un café que cae ao chan pois limpaban as mulleres, levar as cartas a correos, sempre as mozas. Nin que dicir ten, tema de maternidade, eu perdín o meu primeiro traballo por ter un fillo. Como anécdota sempre conto o que lle ocorreu á miña nai, que tiña a súa empresa, traballaba como autónoma pero para dar de alta o teléfono non podía facelo ela senón o meu pai.

Que se pode facer para eliminar a violencia de xénero?

Na miña humilde opinión, creo que está case todo por facer. Non hai implicación seria do goberno. Moitas mulleres se sinten desprotexidas á hora de dar un paso para poñer fin á súa situación. Teñen medo ao seu agresor, e cada vez que ven as noticias e dáse outro caso asústanse máis. Teñen medo ao futuro, traballo, fillos, vivenda, sanidade, colexios, etc. Non hai un plan claro para elas. Tense que crear un servizo de educación/información ás vítimas, para que poidan recuperar a súa autoestima e a súa seguridade. E traballar coa xente nova, danse xa demasiados casos de nenas controladas polos seus compañeiros, iso é o caldo de cultivo do futuro.

“Moitas mulleres se sinten desprotexidas”