EntreNós

Imprimir

Suspenden as concentracións dos xoves diante dos centros de saúde

Redacción | 12 de marzo de 2020

Folga Atención Primaria
Folga Atención Primaria

A Asemblea de Área Sanitaria de A Coruña acordou suspender por agora as concentracións que se están realizando desde hai un ano diante dos centros de saúde. O motivo é a actual situación de preocupación e alerta sanitaria provocada pola difusión da infección do Coronavirus.

Consideramos que o prioritario é centrar toda a nosa atención nas actuacións fronte á epidemia. As reivindicacións que motivaban as concentracións e outras mobilizacións, como folgas, manifestacións,... realizadas ao longo do ano pasado continúan vixentes. A Consellería de Sanidade segue a infravalorar o traballo dos profesionais de atención primaria, segue a debilitar á atención primaria pero decidimos deixar as nosas reivindicacións para máis adiante.

Situacións como a do Coronavirus fan evidente para calquera a importancia de contar cun sistema sanitario público potente, un sistema sanitario que non faga diferenzas entre as persoas e que actúe co criterio do máximo ben e utilidade para a sociedade, non para o negocio, e faise tamén evidente a importancia de contar cunha rede de atención primaria que poida atender a toda a poboación.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sanidade/asemblea-area-sanitaria-coruna-acordou-suspender-concentracions-estan-celebrando-xoves-diante-centros-saude/20200312104212009251.html


© 2020 EntreNós