BNG | nota de prensa

Avia Veira inquire ao goberno local que vai facer para reverter a operación de venda dos dous soares do Campo da Estrada

Pregunta oral no Pleno do vindeiro xoves 6F que recolle o espírito da moción de Defensa do Común

Avia Veira inquire ao goberno local que vai facer para reverter a operación de venda dos dous soares do Campo da Estrada
Avia Veira 02
Avia Veira

A Coruña, a 31 de xaneiro de 2020. A concelleira do BNG Avia Veira quer saber que pensa facer o Goberno Local para "asegurar a devolución á cidade dos terreos do Campo da Estrada", após a "venda de dous soares por parte do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamentos de Defensa (INVIED)”.

Ese é o núcleo da pregunta oral que Veira realizará ao Goberno Local no Pleno do Concello do próximo xoves 6F.

Coa pregunta o BNG traslada ao Pleno a inquietude que ten provocado na cidade a operación de venda dos dous soares da Maestranza, preocupación que ten levado o colectivo cidadá Comisión Aberta en Defensa do Común a dirixir aos distintos grupos municipais unha moción para a faceren súa.

Ao ter cuberto xa o cupo de mocións deste pleno, o BNG non vai poder levar a literalidade do texto de Defensa do Común a esta sesión plenaria, mais desde logo o seu leitmotiv, o espírito que anima esta iniciativa cidadá, si que vai estar presente na pregunta de Avia Veira.

A venda dos dous soares da Maestranza, do mesmo xeito que os atrancos que o antigo Ministerio de Fomento está a pór no proxecto da Intermodal, será tamén levada ao Congreso polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Avia Veira inquire ao goberno local que vai facer para reverter a operación de venda dos dous soares do Campo da Estrada