As nacionalistas presentaron unha iniciativa polo risco de caída dun noiro na rúa Jaime Hervada

O BNG interésase por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo

O BNG vén de presentar unha iniciativa na que se interesa por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo e que deu lugar a unha intervención da Policía Local hai dúas semanas.

O BNG interésase por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo
20180316_jaimehervada2
20180316_jaimehervada2

Deste xeito, a formación nacionalista traslada, a petición da veciñanza da zona, a súa preocupación ante o derrubamento parcial do noiro que na rúa Jaime Hervada conforma toda a contorna entre a Silva, Penamoa e o propio barrio do Ventorrillo.

Nesta iniciativa, o Bloque sinala que pasadas xa dúas semanas desde que aconteceu este desprensdemento, non se volveu realizar ningunha outra intervención que a realizada pola Policía Local (que asegurou, valou e precintou a zona) xa foran actuacións de mantemento, de aseguramento, ou de consolidación, constatándose que a día de hoxe tanto o valado como o precinto colocados naquel momento están ciscados na zona, o que supón un potencial risco para viandantes e condutores, e tendo en conta, asemade, que é unha zona empregada para o aparcamento de vehículos en todo o seu trazado lonxitudinal.

“Coa nosa iniciativa queremos que o Goberno municipal aclare que medidas pensa realizar para o aseguramento e consolidación da parede vertical deste noiro, se existe algún risco de desprendemento, a maiores do xa producido nesta zona, e en toda a contorna deste noiro da rúa Jaime Hervada, e por que nestas dúas semanas que van desde o desprendemento non se fixo ningunha outra actuación que a realizada pola propia Policía Local o día do suceso”, explica a concelleira nacionalista Avia Veira.

O BNG interésase por un desprendemento de terra no barrio do Ventorrillo