Ensino

O BNG mostra a súa preocupación porque o 1 de outubro non vai estar en vigor a nova concesión do servizo de escolas deportivas municipais

Na Comisión de Deportes, Jorquera propón que se estude a xestión directa de instalacións municipais coa concesión xa vencida

O BNG mostra a súa preocupación porque o 1 de outubro non vai estar en vigor a nova concesión do servizo de escolas deportivas municipais
2020090812022214461
Momento da reunión

A Coruña, a 8 de setembro de 2020. O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mostrou este martes a súa preocupación polo feito de que o Goberno Local non dese cumprimento ao seu compromiso de que a 1 de outubro de 2020 estivese xa plenamente operativa a nova concesión do Servizo de Escolas Deportivas Municipais.

“O servizo está a prestalo en precario Amartya e a lentitude na tramitación da nova concesión introduce incerteza, singularmente no cadro de persoal, con algunhas traballadoras e traballadores afectados por ERTEs”, di Francisco Jorquera após participar na reunión da Comisión de Deportes habida esta mañá no Concello.

Nesa mesma xuntanza, o BNG volveu pór sobre a mesa a conveniencia de aproveitar o escenario de vencemento da concesión de varias instalacións municipais para apostar por un modelo de xestión directa por parte do Concello. A proposta foi tida en conta e así acordouse encargar a realización dun informe para estudar a viabilidade desta cuestión.

Jorquera censurou tamén que o Goberno Local non dese até o de agora ningún paso para materializar a moción do BNG aprobada no pleno o pasado mes de xullo en que se instaba o Executivo a negociar coa Xunta de Galiza o traspaso ao Concello dos complexos deportivos –Elviña, A Sardiñeira, Agra 1- de titularidade autonómica.

Para concluír, e aínda no seo da Comisión de Deportes, o BNG formulou a proposta de que na programación de actividades náuticas para o que fica de mandato A Coruña sexa sede de encontros de embarcacións tradicionais galeas.

O BNG mostra a súa preocupación porque o 1 de outubro non vai estar en vigor a nova concesión do servizo de escolas deportivas municipais