As nacionalistas denuncian que o Ágora leva xa seis meses sen dirección o que pode poñer en risco a programación de actividades para o comezo de 2019

O BNG preguntará novamente ao Goberno municipal sobre a falta de dirección no Centro Ágora

Avia Veira: “Moitas entidades teñen unha situación de incerteza xa que a esta altura de anos anteriores tiñan xa pechada a programación de actividades que xunto en coordinación co Centro calendarizaban para o ano entrante. Isto provoca que non teñan asegurada a súa realización e non poidan programar con tempo suficiente, obrigándolles a cancelar ou adiar o seu traballo”

O BNG preguntará novamente ao Goberno municipal sobre a falta de dirección no Centro Ágora
avia
Avia Veira, concelleira do BNG

O BNG vén de presentar unha batería de preguntas para o vindeiro Pleno ordinario de novembro, para a súa resposta por escrito, a respecto da situación do Centro Ágora que desde antes do verán non ten dirección.

Deste xeito, a formación nacionalista volve a advertir ao Executivo da Marea Atlántica desta circunstancia xa que logo a finais de maio deste ano xa trasladaba unha iniciativa na que se solicitaba aclaracións ao respecto.

“O Grupo Municipal do BNG advertiu hai xa cinco meses da situación e realizaba unha pregunta sinxela na que requiría do Goberno local unha data para na que se tivera previsto solucionar esta incidencia. A resposta foi [sic] A RPT do IMCE recolle funcións asociadas á dirección do Ágora vinculadas a unha das traballadoras, isto non é óbice para que o Goberno municipal procure máis traballadoras para este centro, mais o feito obxectivo e que a esta altura do ano, despois de cinco meses o Ágora segue sen dirección”, denuncia a concelleira nacionalista Avia Veira.

Asemade, o Bloque advirte, na súa iniciativa, das consecuencias que se poden derivar na organización e no desenvolvemento do traballo cotiá ao carecer do seguimento normalizado cunha dirección, e do risco que supón prolongar esta situación xa que, segundo a formación nacionalista, están no aire as actividades propias do Ágora para o comezo do ano que vén, xa que aínda non están axendadas ao estar paralizada ou adiada administrativamente a súa elaboración, así como tamén todas aquelas actividades que se realizan en colaboración con terceiros como entidades, asociacións, colectivos etc.

“Moitas entidades teñen unha situación de incerteza xa que a esta altura de anos anteriores tiñan xa pechadas a programación de actividades que xunto en coordinación co Centro calendarizaban para o ano entrante. Isto provoca que non teñan asegurada a súa realización e non poidan programar con tempo suficiente, obrigándolles a cancelar ou adiar o seu traballo”, advirten a portavoz nacionalista.

Deste xeito, o BNG insiste en preguntar para cando ten pesado o Goberno municipal, nomear, se cre convinte, unha persoa para a dirección do Ágora, asemade de que se aclare que actividades xa se teñen programado como actividades propias do Centro Ágora, e como pensa a Área de Cultura garantir a programación de actividades que realiza en colaboración con terceiros ademais de que se indique con que entidades e asociacións xa ten pechado programación para o ano 2019.

O BNG preguntará novamente ao Goberno municipal sobre a falta de dirección no Centro Ágora