Comercio de barrio

Chegan a Coruña os produtos de limpeza a granel, biodegradables, ecosostibles e libres de plástico

La Revolución de los Graneles ofrece por primeira vez na provincia de A Coruña a posibilidade de comprar produtos de limpeza a granel e reducir así o consumo de plástico.
Chegan a Coruña os produtos de limpeza a granel, biodegradables, ecosostibles e libres de plástico
Rev Graneles
Interior de la tienda La revolución de los graneles

Por primeira vez, os consumidores de A Coruña poden adquirir os seus produtos de limpeza libres de plásticos, dándolles unha segunda vida ós seus vellos recipientes. Os deterxentes chegan da man de La Revolución de los Graneles, para loitar contra a contaminación plástica, o meirande reto ó que se enfrenta agora mesmo o planeta xunto coa crise climática.

O sistema de venta baséase na reutilización dos envases, que poden ser aportados polos clientes ou adquiridos no local, onde se desconta o seu prezo na seguinte compra se o reutilizan.

Os deterxentes son biodegradables por enriba do 90 por cien, aptos para peles delicadas e a maior parte de dermatitis atópicas ou alerxias, o que os convirte en ideais para nenos e adultos con problemas de pel. Ademáis contan tamén con produtos para fogar (lavavaixelas, fregacháns...)

Este establecimento non pertence a ningunha franquicia, senon que forma parte de 4eco, empresa á que están asociados máis de cincuenta establecimentos en toda España e que funciona como agrupación de pequenos comerciantes que se unen para poder ofrecer prezos competitivos. Así, de forma global, enriquecen o comercio local. 4eco vén aforrando preto de 15000 recipientes plásticos por tenda ó ano.

Ademáis dos productos de deterxencia, en La Revolución de los Graneles hai cosméticos, xabóns e champús sólidos totalmente naturais, así como alternativas sostibles a produtos tan contaminantes para o mar como cepillos de dentes, esponxas ou bastonciños para os ouvidos.

Tamén hai a disposición dos clientes alimentos naturais de orixen galego, como galletas veganas sen gluten, aptas para celíacos.

Como afirma Daniel Rocha, propietario do establecemento: “a idea principal é que, xa que todos temos plásticos na casa, cada botella viva as máximas vidas posibles antes de reciclala. Para iso buscamos desmontar os mitos de que axudar ó medio ambiente sexa máis caro ou que supoña un esforzo, de feito, os nosos prezos están por debaixo das principais marcas do mercado”.

O local está decorado con materiais reutilizados e atópase na la Avenida dos Mallos 45, en Coruña.

Chegan a Coruña os produtos de limpeza a granel, biodegradables, ecosostibles e libres de plástico