Convenio municipal

O Concello renova o convenio de colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais

O importe de 45.000 euros contribuirá a manter a plataforma web da federación, así como actuacións de formación en novas tecnoloxías e apoio e asesoramento ás asociacións

O Concello renova o convenio de colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais
Sinatura do convenio
Sinatura do convenio

Concello da Coruña | 20/03/2018

A Concellería de Participación e Innovación Democrática que dirixe Claudia Celso dá continuidade ao convenio anual que mantén coa Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana coa finalidade de "apoiar a este entidade, representativa do tecido asociativo veciñal da cidade, nas súas actividades, que revirten no conxunto de entidades da cidade e da comarca e da veciñanza", segundo explica a edil.  O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá o convenio de colaboración xunto a presidenta da federación, María Luisa Varela, por importe de 45.000 euros, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira Delso.

Trátase do terceiro acordo anual que subscriben Concello e a federación, que desenvolve con cargo a este convenio actividades en distintas áreas de actuación como a formación en novas tecnoloxías, a prestación de apoio para a participación en programas municiapais como os orzamentos participativos, o asesoramento ás asociacións para a realización de trámites administrativos e a procura de espazos de conciliación familiar durante as vacacións escolares.  Este ano incorpórase a estas accións a de manter a plataforma web da federación, que puxo en marcha o pasado ano, "co obxectivo de facilitar a información e tamén a participación de todo o tecido asociativo da cidade", indica Delso.

A concelleira destaca que "a traxectoria e arraigo da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana no territorio, así como do traballo realizado coa veciñanza da Coruña na procura de favorecer e apoiar o desenvolvemento e empoderamento das entidades que a conforman, polo que o Concello entende que o seu traballo é de interese xeral para o conxunto do municipio".

O Concello renova o convenio de colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais