EntreNós

Imprimir

Conversas sobre renda básica: Beiras e Raventós

Redacción | 15 de octubre de 2019

cartel Raventos-Beiras rrss
cartel Raventos-Beiras rrss
O Colectivo Renda Básica organiza o primeiro encontro "Conversas sobre Renda Básica: construíndo propostas para o S.XXI".

Este será un faladoiro entre Xosé Manuel Beiras e Daniel Raventós no que tratarán temas como o republicanismo, fundamentación filosófica da Renda Básica, así como o papel da Renda Básica na sociedade actual.

  • Data: 16 de outubro de 2019
  • Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
  • Hora: 19:00
  • Entrada de balde ate completar aforo.

   - Xosé Manuel Beiras

Catedrático de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador e portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. Foi deputado no Parlamento de Galicia en diferentes lexislaturas. É un prolífico escritor, exacadémico numerario da Real Academia Galega.

- Daniel Raventós

Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Barcelona. Centrou a investigación no republicanismo e a fundamentación normativa e técnica da Renda Básica. Foi conferenciante en distintas universidades europeas e americanas. É editor da revista política internacional SinPermiso e presidente da Red Renta Básica, sección oficial da Basic Income Earth Network.

Modera: Mariló Candedo, profesora de Universidade da Coruña.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deportes/conversas-renda-basica-beiras-raventos/20191015141942008342.html


© 2020 EntreNós