EntreNós

Imprimir

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia ofrece unha programación para o mes de febreiro centrada nas expresións artísticas

Redacción | 30 de enero de 2019

Espazo de mocidade da Sagrada Familia
Espazo de mocidade da Sagrada Familia

Os mozos e as mozas usuarias do centro decidiron organizar obradoiros de acuarela, modelaxe, rap ou tatuaxes con henna, entre outras actividades

A Coruña, 29 de xaneiro de 2019.- O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia ten prevista para o mes de febreiro unha programación de actividades que xiran arredor de diferentes expresións artísticas. As propostas, que están abertas a toda a mocidade do barrio, abranguen disciplinas como a pintura a acuarela, a modelaxe ou o rap, entre outras. “As actividades que se celebran cada mes neste punto de encontro están definidas polos propios mozos e mozas que fan uso do mesmo, co apoio do equipo do centro, xa que cunha xestión pioneira dentro dos espazos de dinamización para a mocidade”, explica a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.

O centro está aberto de martes a domingo de 17.00 a 21.00 horas, un horario que se amplía os venres e os sábados, ata as 23 horas, por ser os días nos que se desenvolven os obradoiros programación iníciase o venres día 1 cun taller de acuarela. Na semana seguinte está previsto un obradoiro de rap o venres 8 e outros de tatuaxes con henna o sábado. Esta última actividade repetirase tamén o sábado 23. A programación complétase cun obradoiro de modelaxe o venres 15 e un concurso de habilidades o día 22. “Todas as actividades teñen como obxectivo proporcionar unha alternativa de ocio que lle interese á mocidade do barrio pero tamén que fomente a diversión e o benestar das persoas participantes dentro dun espazo de confort. Por iso as actividades están enfocadas a reforzar a confianza e habilidades como a comunicación ou a expresión”, apunta Delso. Ademais, entre as actividades do espazo están programadas dúas asembleas que os mozos e as mozas usuarias realizan dous xoves ao mes e que consiste unha xuntanza na que se decide de maneira colectiva os obradoiros e outras accións que se realizan no espazo, localizado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia.

Para máis información sobre o punto de encontro da mocidade na Sagrada Familia, pódese visitar o web municipal http://www.coruna.gal/participacion/gl/mocidade/mocidade-sf

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas-mallos/espazo-dinamizacion-xuvenil-da-sagrada-familia-ofrece-programacion-mes-febreiro-centrada-nas-expresions-artisticas/20190130093106007051.html


© 2020 EntreNós