Comercio de barrio

“O fomento da lectura nos primeiros anos é moi importante”

En Librería Suevia todas as semanas atopamos actividades culturais dedicadas á infancia; quixemos falar con Ermitas Valencia, a súa propietaria, para que nos contase

“O fomento da lectura nos primeiros anos é moi importante”
Librería Suevia. Ermitas
Librería Suevia. Ermitas Valencia.

Ermitas, como xurdiu a idea de non limitarvos a vender libros e poñer en marcha unha actividade cultural que  fomenta a lectura na  infancia?

Desde o comezo tivemos claro que unha libraría ten que ser algo máis que un lugar onde poder conseguir o libro que cada quen precisa. Desenvolver espazos nos que ao redor da compra do libro, se xenere tal actividade cultural que remate por escocer en certos círculos, enemigos dunha sociedade culta, informada, reflexiva… Quizás por este motivo, o exterminio das librarías independentes se consinte e, incluso, se promove desde os poderes públicos.

Consideramos que o futuro está na atención da infancia. O fomento da lectura nos primeiros anos é moi importante, non só para o desenvolvemento da propia crianza, senón tamén para construirnos unha sociedade máis xusta e democrática.

¿Cómo está a resultar a experiencia desta actividade?

É moi positiva, porque cos ContaContos, acompañamos a aquelas familias que teñen preocupación polo futuro dos seus fillos e fillas. Nos primeiros seis anos de vida, está demostrado que a lectura asidua estimula e favorece a linguaxe. O cerebro d@s pequen@s prepárase para o desenvolvemento dunha área que logo usarán na adquisición da lectoescritura, ademáis de axudarlles a ser futuros lectores. Nos ContaContos aprenden a escoitar, a relacionarse, a empatizar…. A estructura sociocultural, na que se atopan as Librarías, sumado á Escola e as Familias, son os ingredientes para conseguir termos grandes lectores/as no futuro.

A infancia actual será lectora mañá?, por qué?

Se como sociedade facemos os deberes, teriamos que conseguir que no futuro o nivel de lectura sexa maior. Antes de que o mande a escola como obligación, temos que procurar que o contacto co libro e a lectura sexa algo natural e tamén divertido.

Por iso é tan importante que desde moi novos se lles lean contos aos nenos e nenas e que a visita a unha Biblioteca ou unha Libraria, acompañados pola súa familia, para escoitar historias, sexa unha experiencia positiva, que faga dos libros, protagonistas do seu ocio. E para conseguir isto, máis que cartos o que se precisa é tempo de calidade e atención aos pequen@s. Os mobiles e tabletas en mans de nenos e nenas menores de 9 anos, xa está producindo problemas importantes no seu desenvolvemento. As tabletas fan que os nenos e nenas non descansen ben por tanto estímulo, vólvenos máis sedentarios e cando non están coa tableta “hiperactivos”. Vólvense adictos aos constantes estímulos que os dispositivos electrónicos lles proporcionan e tamén perden o interés por outro tipo de aprendizaxe.

Por isto, se queremos que as nenas e nenos teñan habitos saudables, poñámoslle un libro que lles guste na mans, en lugar de calquera aparello electrónico.

Cambiando de tema, na túa librería, que tipo de libros pódense atopar?

En 24 horas podemos conseguir calquera libro que precise o cliente, pero na libraría o noso fondo físico, que calquera que entre pola porta pode consultar, está centrado no libro editado en Galiza e en Galego. Tamén temos libro en portugués e recollemos encomentas dos noso clientes que traemos de Portugal.

¿Estamos nun barrio lector?

A lectura por ocio en Galiza está por debaixo da media Estatal. Máis do 40% dos adultos galegos non le nunca, según os inquéritos e máis da metade non mercou nin un só libro o pasado ano. A falta de tempo libre que leva consigo a precariedade laboral tamén axuda a que a xente non lea todo o que lle gustaría. E se a esto lle sumamos a falta total de políticas públicas na promoción da lectura e que somos o barrio coa renda por habitante máis baixo da cidade, é evidente que non estamos nun barrio lector.

¿Qué libro ou libros recomendarías para regalar nestas datas?

Agasallar libros é agasallar saúde e futuro. Cal é o libro que nos fai disfrutar a cada unha, depende dos nosos gustos, aficións e habitos de lectura. É moi importante que cando queiramos agasallar un libro, entremos nunha libraría e nos deixemos asesorar, según os gustos da persoa a que vai dirixido o agasallo. Calquera libro pode ser bo, todo depende de a quen vaia dirixido.

¿Cales son os próximos eventos que vas ter en Suevia?

Todos os sábados ás 12.00h temos a nosa cita cos contos. A actividade é gratuíta e non é preciso anotarse. Contamos varias historias e para rematar, as nenas e nenos fan unha pequena manualidade. Este mes de decembro, teremos ContaContos os Sábados 14, 21 e 28 de decembro ás 12.00h.

Ademais, este mes celebramos a Primeira Festa de Pixamas para Peluches. Os nenos e nenas deixan na libraría o seu peluche o xoves 5, despois de cubrir unha ficha e facer un debuxo do seu amig@ e recólleno o luns 9. Durante esos días, enviamos fotos aos nenos e nenas, das lecturas e actividades que farán as suas máscotas de trapo. Esta é unha actividade de promoción da lectura, coñecida no mundo anglosaxón como “Stuffed Animal Sleepover”, moi popular en Estados Unidos e Xapón. E si alí está dando tan vos resultados, por que non os vai dar aquí?

E xa por último, como todos os Nadais, teremos a Visita do Apalpador. Aínda non temos confirmado a hora, pero sempre pasa pola Livraria Suévia a tarde do 24 de Decembro, para escoitar as nenas e nenos e tomar un descanso, antes de seguir deixando os agasallos que trae desde as montañas do Caurel.

“O fomento da lectura nos primeiros anos é moi importante”