EntreNós

Imprimir

A Marea Atlántica traslada o seu apoio á plantilla de EMESA ante a ameaza de peche

Redacción | 19 de diciembre de 2019

Alberto Lema y comité de EMESA
Alberto Lema y comité de EMESA

Alberto Lema mantivo unha entrevista co Comité de Empresa e sinalou que “a Xunta ten que implicarse na defensa o emprego, Non pode poñerse de perfil como fixo en Isowat”

A empresa está en concurso de acreedores, o que pon en perigo 90 postos de traballo na área metropolitana da Coruña

A Coruña, 18 de decembro de 2019.- A Marea Atlántica trasládalle o seu apoio ao cadro de persoal de EMESA ante a ameaza de peche da empresa, que podería deixar na rúa a 90 persoas, afondando na crise industrial que está a vivir a nosa provincia. O concelleiro e deputado provincial, Alberto Lema, reuniuse esta semana co Comité de Empresa da planta de elaborados metálicos de Coirós para escoitar de primeira man as súas reinvindicacións, e esixíulle a Xunta de Galicia que interveña para impedir que o noso país siga a perder emprego industrial.

“A Xunta é a administración competente en promoción industiral, e ten a obriga de mediar na procura dunha solución para EMESA, non pode poñerse de perfil como fixo no caso de Isowat, onde a súa inacción levou ao peche”, sinalou Alberto Lema.

Desde o Comité de Empesa de Emesa denunciaron que a comezos deste mes xa se produciron 30 despidos en situación irregular, mentres o resto da plantilla leva desde setembro sen cobrar e sen os materias mínimos para facer o seu traballo. Atribúenllo á “pésima xestión” da nova compañía propietaria, o Grupo Soil Recovery, que non soubo aproveitar a carga de traballo e as capacidades dunha planta que se conta entre as mellores do mundo na enxeñería, fabricación e montaxe de estruturas metálicas singulares, con traballos en varios continentes.

A incapacidade de Soil Recovery chegou ao punto de non ser quen de renovar as certificacións básicas de seguridade. É necesario actuar e apoiar a continuidade de Emesa, porque a área metropolitana e a provincia da Coruña non se poden permitir esta constante perda de postos de traballo no sector primario. Estamos nunha emerxencia industrial, como demostra o peche de Isowat, a situación aínda delicada de Aluiberia (a antiga Alcoa) e Ferroatlántica, e os problemas de moitas outras empresas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/actualidade-coruna/marea-atlantica-traslada-seu-apoio-plantilla-emesa-ameaza-peche/20191219102348008829.html


© 2020 EntreNós