Club do Mar, sección de Badminton

O badminton na Coruña

Flor Antelo e Loli Touriño teñen paixón polo Badminton e participan en diferentes campionatos en Galicia, España e Europa.
O badminton na Coruña
Chicas Badminton
Flor Antelo e Loli Touriño, do Club do Mar

O badminton é un deporte minoritario que cada vez ten máis seguidoras e seguidores. É un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individuais) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede. 

A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante ou pluma. Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruzamento a pista por encima da rede e caia no sector opoñente. O punto finaliza cando o volante toca o chan, despois de exceder a rede. 

O bádminton é, desde os Xogos Olímpicos de Barcelona (1992), un deporte olímpico en cinco modalidades: individuais masculino e feminino, dobres masculino e feminino e dobres mixto. Nesta última, a parella está composta por un home e unha muller.

Breve historia do Badminton 

Este xogo xorde na India e algúns oficiais do exército inglés observaban como os poboadores xogaban ao xogo, e no ano 1875 reproducírono en Inglaterra.

Chega a Galicia no ano 1971 ao Polideportivo Municipal de Vigo da man de Luís Mirou Falcón, (Director do ximnasio e profesor de INEF). 

Así comeza a andaina deste deporte onde personaxes do mundo do deporte investigan sobre el e atopan a xogadores máis expertos que lles ensinan as normas do xogo. 

Por medio do intercambio con outros xogadores teñen noticias de que existe unha Federación Portuguesa de Badminton, que tiña 25 anos de existencia e que axudou a estes pioneiros galegos a comprender a importancia deste xogo.

Así comezaron as primeiras competicións internacionais e co nacemento doutro equipo coruñes “O club do Mar San Amaro” comezaron as competicións en Galicia. 

Despois deste breve percorrido pola historia do Badminton, centrámonos a falar con Flor e Loli

Flor Antelo Cambiro, mestra de profesión, comezou a xogar ao Badminton hai 30 anos, no colexio de Cerceda onde daba clases. 

Loli Touriño Lesta, é unha deportista desde moi nova, apaixonada polo baloncesto, o atletismo, o voleibol e desde hai uns anos do Badminton.

As dúas forman parte do Club do Mar da sección de Badminton, apaixonadas deste deporte participan en competicións internacionais, estatais e galegas, logrando alcanzar os primeiros postos en distintas competicións.

Loli, entusiasta e cun gran espírito deportivo, saca tempo para participar en diversos campionatos internacionais e ademais ten a oportunidade de coñecer distintos países, que é outra das súas paixóns e Flor, unha muller dinámica que moito do seu tempo esta comprometido con causas sociais, matizan: 

O Badminton a nivel físico é un deporte aeróbico, tes que estar moi ben a nivel físico e rápido nos reflexos. É un deporte fundamental para a formación de nenas, nenos, mozas e mozos, xa que se potencia a solidariedade, incontables valores danse neste deporte, xa que para facer un bo xogo tes que ser unha verdadeira compañeira/ou da túa parella e do teu equipo e a sinceridade, a comunicación, o estar aberta faiche chegar a todo o que queres. Ademais -engade Loly- o deporte en xeral e o badminton en particular dáche moita seguridade na túa vida.

Convidan a descubrir este marabilloso deporte.

Moitísimas grazas a Flor e Loli por dar testemuño do badminton, deporte que crece nesta cidade 

O badminton na Coruña