Principais citas do Entroido na Coruña

O Entroido arrancou este xoves co Xoves de Comadres nunha ofrenda floral ás Cigarreiras na Palloza. A cidade celebra a festa baixo a proclama lanzada desde o cartel cunha figura María Pita: "Quen queira troula que me siga". 

 

Principais citas do Entroido na Coruña
Cartel entroido Coruña 2020
Detalle do cartel do Entroido 2020.

Ás 9.30 horas celébrase este venres na Palloza o tradicional concurso de filloa organizado por Radio Voz. Ás sete haberá pasarrúas a cargo do grupo Donaire polo centro. Ás sete e media, a ofrenda floral a Nito e ás 21horas, a cita do día, a entronización do deus Momo no Cantón Grande, xunto o Obelisco.

Para o sábado, día 22, está previsto un pasarrúas da Asociación Coros e Danzas Eidos na zona centro. Ás 17.30 horas haberá o desfile entre o Cantón Pequeno e a praza de María Pita co concurso de carrozas e comparsas.

O martes, día 25, celebrarase o torneo Choqueiro de Petanca en Santo Amaro, a festa infantil no Campo da Leña entre as 11.30 e as 14.30 horas. Terán lugar as ofrendas florais a Fernando Amaro, Canzobre, César San José e a Juan Manuel Iglesias 'Palau'. O concurso infantil de disfraces no Campo da Leña está previsto para as cinco da tarde. Na contorna da rúa Torre actuarán desde esa hora gaitas e cabezudos para animar a festa do choqueiros.

O mércores, a sáida do enterro da sardiña está prevista para as 20.45 horas na rúa Areal, e a desentronización do deus Momo será as nove, para continuar a comitiva fúnebre até a praia de Santo Amaro.

O sábado de piñata, o día 29, terá lugar na Cidade Vella o Carnaval Pequeno.
 

Principais citas do Entroido na Coruña