Renda Básica Universal e Incondicional

A Renda Básica móvese

A  Renda Básica Universal e Incondicional (RBUI) non é só unha ferramenta que  palia as formas máis groseiras de violencia económica, que se manifestan na pobreza, a explotación, a desigualdade, o traballo infantil, etc., senón tamén, de forma transversal, axudaría a diminuír outras formas de violencia, como a física, psicolóxica, sexual, racial, etc.
A Renda Básica móvese
RBUI vídeo
RBUI vídeo

A  RBUI é unha asignación monetaria que calquera persoa recibiría polo só feito de existir.

As súas características son:

  • Individual. A todos e cada un dos individuos. A  RBUI sería recibida polos residentes censados nun determinado territorio.
  • Incondicional. Non hai que cumprir ningún requisito para recibila.
  • Suficiente. Que sirva para cubrir as necesidades básicas.
  • Universal. A  RBUI debe ser considerada como un dereito humano universal, polo que ha de ser concedida a todas e cada unha das persoas. Debe, por tanto, implementarse a nivel mundial.

Colectivos  Cidadans  RBU está a divulgar o seguinte vídeo no que diversos intelectuais galegos argumentan a favor da Renda Básica

Actualmente está en marcha unha iniciativa cidadá europea: "Implantación de rendas básicas incondicionais (RBI) en toda a UE". O seu obxectivo é a implantación de rendas básicas incondicionais en toda a UE que garantan a cada persoa a súa existencia material e a oportunidade de participar na sociedade como parte da súa política económica. Este obxectivo deberá alcanzarse respectando as competencias atribuídas á UE polos Tratados.

Obxectivos:

Solicitamos á Comisión que presente unha proposta de rendas básicas incondicionais en toda a Unión, que reduzan as disparidades rexionais co fin de reforzar a cohesión económica, social e territorial na Unión.

Isto fará realidade o obxectivo da declaración conxunta do Consello Europeo, o Parlamento Europeo e a Comisión Europea, anunciada en 2017, de que «a UE e os seus Estados membros apoiarán así mesmo uns sistemas de protección social eficientes, sostibles e equitativos a fin de garantir unha renda básica» para loitar contra a desigualdade.

Dirección web da iniciativa (onde podes asinar o teu apoio) no rexistro da Comisión Europea: https://europa.eu/citizens-initiative/initiatives/details/2020/000003

O Colectivo Renda Básica da Coruña apoia esta iniciativa ciudadana e fai campaña para lograr o millón de firmas necesario antes do 25 de decembro para que se tramite.

A Renda Básica móvese