EntreNós

Imprimir

Primeira xuntanza de afectadas pola ampliación do CHUAC

Redacción | 03 de febrero de 2020

primeira xuntanza afectadas CHUAC 01.02.2020
primeira xuntanza afectadas CHUAC 01.02.2020

O pasado 29 de xaneiro, o Presidente da Xunta de Galicia facía unha presentación mediática dunha ampliación do Hospital da Coruña, o CHUAC.

Na mesma, anunciaba a expropiación de 19 vivendas (que en realidade son mínimo 23) e outras tantas fincas na parte de Eirís contigua, O Castaño de Eirís e Curramontes.

Veciñas e veciños de Eirís, soubemos que as nosas vivendas ían ser expropiadas pola prensa e polas redes sociais.

A tarde do venres tivemos unha primeira xuntanza de afectadas, na que decidimos constituír unha plataforma para defender entre todas e todos que esta ampliación do Hospital, que entendemos necesaria, se faga da maneira máis sensata posible e minimizando ó máximo os danos que se poidan causar na veciñanza.

A ninguén se lle escapa xa que o edificio actual non está a pleno rendemento, nin a falta de persoal, nin tódalas carencias de atención primaria que abocan a un maior uso hospitalario. Como tamén é evidente que a ubicación escollida para a ampliación foi escollida sen pensar para nada no entorno, nos danos á veciñanza, e en que podía haber solucións menos lesivas.

Como veciñas e afectadas esiximos ás administracións competentes que nos informen do proxecto, e que se senten a valorar o resto de opcións. Hai terreo suficiente para facer a reforma sen expropiar á veciñanza de Eirís as súas vivendas.

Nota de prensa da Asociación, 1 de febreiro de 2020.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/actualidade-coruna/vecinanza-afectada-pola-ampliacion-do-chuac-reunese/20200203101023009006.html


© 2020 EntreNós