31 de Outubro e 1 de Novembro

El Ventorrillo: III Ruta de Halloween e Festa do Samaín 2017

Aínda case que non remataron as festas do barrio, pero as ganas de leria seguen, e os máis pequenos aínda teñen forza.

El Ventorrillo: III Ruta de Halloween e Festa do Samaín 2017
III ruta halloween Ventorrillo
III ruta halloween Ventorrillo

Asociación de Vecinos del Ventorrillo, Cances, A Silva, Penamoa y La Moura

Este ano, a Asociación de Veciños vai colaborar na organización da III Ruta de Halloween(dicimos colaborar, porque Marta é a auténtica nai deste proxecto, cunha organización perfecta). Iso será o 31 de Outubro a partir das 18 horas co Café Bar San Telmo como punto de partida.

Dende alí, os nenos do barrio, sempre acompañados polos seus pais ou tutores, percorrerán o barrio na procura do “truco ou trato” propio deste día e que tanto ilusiona ós meniños. Pero non pensedes que será cousa de pouco tempo. A día de hoxe estamos preto dos 40 locais dispostos a encher os petos e bolsas dos pequenos con caramelos, doces e moita moita ilusión. Pero ademáis do barrio, hai negocios da zona da rúa Barcelona que colaborarán con Marta e a Asociación de Veciños, así que sorrisos, medo e tarde “superterrorífica” á que se terá que enfrontar a nova canteira do barrio. ¿Poderán os pais seguí-lo ritmo? Malo será que non lles toque algunha lambonada aos maiores, ¿non si?…

Ei, ei, que non remata aquí. O mércores 1 de Novembro, Mila e Paola, propietarias do Bendito Café, farán unha festa do Samaín ao grande cunha merendiña, xogos, concurso de disfraces e moitas máis sorpresas no bar do Ciudad Jardín, que está na rúa Barcelona e do que son as xerentes tamén. Dende logo o mellor sitio para rematar dous días moi especiais e onde os maiores poderán ter un tempo de lecer sen ter que prestar unha férrea marcaxe ás criaturas. E soamente por 1€ cada neno e cunha inscripción previa chamando a Marta ao móvil 665880551 ou no evento do perfil de facebook do Ciudad Jardín.

El Ventorrillo: III Ruta de Halloween e Festa do Samaín 2017