A Xustiza europea dá a razón a Tranvías, que mantería a concesión de autobuses ata o 2024

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea di que a concesión á Compañía de Tranvías caducará nesa data e non no ano 2016 como sostivo o goberno de Xulio Ferreiro. O Xulgado do contencioso da Coruña deberá pronunciarse.
A Xustiza europea dá a razón a Tranvías, que mantería a concesión de autobuses ata o 2024
Parada de bus nas Conchiñas 1

A Compañía de Tranvías da Coruña informou este xoves da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a raíz do conflito contencioso-administrativo entre a empresa e o Concello da Coruña de 2018. O goberno municipal da Marea Atlántica, encabezado polo alcalde Xulio Ferreiro, decidiu en decembro de 2016 suspender a concesión de transporte público urbano á Compañía de Tranvías, en base do regulamento europeo 1370/2007, en vigor desde 2009, sinalando que limitaba a un máximo de 30 anos as concesións de servizos públicos.

O goberno municipal sostivo que o prazo debía computarse desde que se formalizou o acordo, en decembro de 1986, rematando o prazo en 2016, oito anos antes do estipulado inicialmente. Agora, a sentenza advirte de que o prazo máximo de 30 anos previsto nesta disposición debe comezar a funcionar na data de entrada en vigor dese regulamento. É dicir, sen carácter retroactivo. O Xulgado do contencioso da Coruña deberá pronunciarse.

A Xustiza europea dá a razón a Tranvías, que mantería a concesión de autobuses ata o 2024