Cambio climático

Zapatos contra o cambio climático

“Os nosos zapatos representan todas as que somos, enchemos esta praza dando presenza e voz á loita fronte a crise climática”

Zapatos contra o cambio climático
WhatsApp Image 2020-05-27 at 08.23.11
WhatsApp Image 2020-05-27 at 08.23.11

Este venres ás 17h na Praza María Pita realizarase unha acción moi impactante e con moita responsabilidade, coidando todas as medidas de seguridade.

Extinction Rebellion quere alertar sobre a necesidade de facer fronte ao cambio climático e alerta de que non se deben tomar as mesmas medidas que se tomaron durante a crise do 2008, cando se inxectoucapital ás empresas de combustibles fósiles, ao mercado inmobiliario especulador, reclamando unha transición verde e xusta.

Expoñen unha acción a nivel estatal, en todas as cidades posibles o mesmo día á mesma hora, podendo chegar a moita xente por medio do eco dos Medios de Comunicación.

Expresan “Tratarase dunha acción moi impactante e moi pouco risco para opinión pública: Consistirá en colocar moitos pares de zapatos (cantos máis, mellor) nunha praza simbólica dá cidade, coa seguinte narrativa: “aínda non podemos mobilizarnos porque atendemos á responsabilidade e evitamos xerar aglomeracións, pero os nosos zapatos representan todas as que somos, enchemos esta praza dando presenza e voz á loita fronte a crise climática”

Na Coruña, o venres ás 17h na Praza María Pita, con máscara… e con bolsas de zapatos

Zapatos contra o cambio climático