Coruña Viva

No “backstage” de Donaire, que lle puxo música ao sábado na Agra

Donaire celebrou a súa festa anual Dálle Donaire no Ágora. Pola mañá, os grupos de gaiteiras e gaiteiros fixeron algúns pasarrúas polas zonas dos mercados. Antes de saír, vestíronse, peiteáronse e afinaron nunha sala do Ágora e permitiron que Entre Nós lles tirara unhas fotos. Despois de tocar nos mercados das Conchiñas e no da praza de Lugo, a festa que organiza a Asociación Cultural Donaire continuou pola tarde no Ágora.