Ana Miranda Cese ao Fogo

Ana Miranda viaxa ao paso de Rafah para denunciar o xenocidio do Pobo palestino e reclamar un alto ao fogo inmediato

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, encabezarán unha delegación europea que percorrerá o paso fronteirizo de Rafah para denunciar o xenocidio sufrido polo Pobo palestino nas mans do exército israelí. Ana Miranda, membro tanto da Delegación de Palestina como da Delegación de Israel do Parlamento Europeo, reclama un alto ao fogo inmediato diante dos dramáticos acontecementos na Franxa de Gaza.