Dereitos

Acampa ultima preparativos

Faltan apenas unhas horas para que ás 11.30 deste xoves Acampa abra as súas portas. Hoxe pola tarde, a organización e os distintos colectivos deixaban listo o campamento de refuxiados e as zonas anexas.  

PROGRAMA DO XOVES

O programa para o primeiro día é intenso. Desde onte a exposición de Bauluz xa está nos cantóns, onde tamén se instalou unha tenda. Este xoves inauguranse cinco exposicións no Kiosco Alfonso e outras tres na Sala Salvador de Madariaga.  

Na Carpa central, ás 13.00 haberá un concerto de Silvia Penide, Martín Mirás e Ángel Vicos. Pola tarde, visita guiada ao campamento (17.00), charla dos fotógrafos Felipe Carnotto, Adrián Irago e Juan Teixeira (18.00 no Kiosco Alfonso), Consuelo Bautista e Nicolás Castellano abordarán o relato xornalístico da crise dos refuxiados (20.00 na Carpa) e ás 22.00, nas Cunchiñas, primeira proxección con fotos de Juan Medina e Sergi Cámara.