Eu quixen escribir a miña historia, ese foi un dos textos que se leron onte (leuno Sofía, senegalega de boa fe) que arranca cunha cita de Chinua Achebe, o autor de Todo se esfarela. "Ata que os leóns non cren o seu propio historiador, a historia da caza só glorificará ao cazador", di Achebe. Foi na presentación de Ser Modou Modou, o libro no que o senegalego Cheikh Fayé conta a vida desde a praza do mundo, desde o barrio da Agra no que leva vivindo desde que chegou á Coruña. E faino en galego. Por que?, preguntáronlle onte unhas inmigrantes coma el. Porque para entender un pobo, para integrarse e querelo, dixo, hai que facelo na súa lingua. Unha proba de agradecemento de Cheikh a este barrio, a esta praza das Conchiñas onde o futuro deste pais xa se debuxa cada tarde. Onte foi unha especial. Os leóns senegalegos descubriron unha voz.
Última hora
- 11:08 h. Festas de María Pita: sábado 13 de agosto
- 14:30 h. CGT continúa afirmando que la ley de Memoria Democrática sigue siendo insuficiente e infame para las víctimas del franquismo y sus familiares
- 13:35 h. O BNG presenta unha batería de preguntas sobre a prevención da ludopatía na cidade da Coruña
- 11:50 h. Festas de María Pita: venres 12 de agosto. Chega Cascarillarte
- 13:28 h. A Marea Atlántica preguntará no Pleno polas actuacións do goberno local para a prevención de incendios forestais
Xentes da Agra
Escritura e vida na praza do mundo. As Conchiñas, xullo de 2017

a10

a11

a14

a12

a13

a22

a23

a16

a24

a27

a25

a28

a26

a29

a17

a20

a19

a32

a21

a31

a18

a15
Dereitos
Coruña Viva
Violencia de género
Violencia de género