3ª Marcha Mundial por la Paz y la Noviolencia
200 nenos e nenas xogaron ao fútbol pola paz e a nonviolencia en A Coruña
O Torneo 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia reuniu a 200 nenos e nenas que xogaron ao fútbol para enviar unha mensaxe ao planeta desde A Coruña: “Queremos a paz”.
12 oct. 2024
A Coruña, 12 de outubro de 2024.-
O Club Deportivo La Torre organizou o pasado xoves 10 de outubro un torneo de fútbol no que participaron categorías prebenxamín, benxamín e alevín de clubes deportivos como Eirís, Ciudad Esclavas, Atlético Los Castros, Ural e La Torre. Os 200 xogadores e xogadoras gozaron dunha tarde de deporte cun obxectivo común: “Queremos a paz”, unha frase que gritaron todos xuntos ao rematar o evento.
Este torneo forma parte das actividades da 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia en A Coruña. Logo de disputar cinco partidos simultáneos na Cidade Deportiva, os participantes crearon un símbolo humano pola paz, destacando o colorido das diferentes equipacións.