Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Como chegamos a isto? EeA Galiza ante o parricidio de Elx

O sábado 12 de febreiro a cidadanía levantouse coa noticia de que un neno de 15 anos asasinou ao seu pai, á súa nai e irmán de dez anos en Elche cunha escopeta de caza, tras castigarlle sen wifi polas malas notas.
Como chegamos a isto? EeA Galiza ante o parricidio de Elx

Unha forte pelexa foi o causante polo cal o menor matou de dous disparos á nai e logo tiroteou ao seu irmán e ao seu pai. Conviviría cos cadáveres durante 3 días. E preguntámonos: como un neno a esa idade ten libre acceso a unha escopeta de caza? Como se pode actuar con tal frialdade? Que clase de valores estamos a inculcarlles para que cheguen a estes extremos? Algo estamos a facer moi mal.

Este feito tan tráxico fai que novamente queiramos reabrir o debate sobre que as administracións permitan a tenencia de armas de uso cinexético nas casas e o que é peor, o seu uso por parte de menores nas batidas.

O contador de sucesos nos que resultan feridas ou mortas persoas por disparo de escopeta (entre estas mulleres vítimas de violencia machista e menores) segue subindo de maneira alarmante. Non hai semana na que non nos decatemos polos medios de comunicación dun accidente de caza con resultado de ferida ou morte de alguén que estaba a circular polo medio natural por deporte, lecer ou actividade cinexética. Ata cando as administracións van seguir permitindo isto?

Que os cazadores garden as escopetas nas súas casas é un asunto de extremo perigo, así como o feito de que os menores teñan acceso a elas. Calquera situación conflitiva pode ser un detonante que pode converter a alguén nun asasino, máxime se ten unha arma ao seu alcance.

Por iso desde Ecoloxistas en Acción Galiza esiximos ás autoridades competentes tómense cartas no asunto e prohíbase definitivamente a tenencia de armas por parte dos cazadores nas súas casas, así como o acceso de menores a elas, que en cada coto haxa un depósito de armas e que teñan que ir recollelas cada vez que queiran usalas e logo devólvanas, así como que se pensen o de dar licenzas gratis.

Como chegamos a isto? EeA Galiza ante o parricidio de Elx