Marcha Mundial pola Paz e Nonviolencia
O Concello da Coruña apoia a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia
A 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia comezará o 2 de outubro e prolongarase ata o 5 de xaneiro.
Durante ese tempo, mentres un Equipo Base percorre o mundo, en miles de cidades e vilas levaranse a cabo actividades para promover a paz e a loita contra todas as violencias. A Coruña será unha delas, cun firme apoio do seu goberno local.
Durante o pleno deste xoves 12 de setembro, a alcaldesa, Inés Rey, fixo oficial a adhesión do concello á 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia mediante a lectura dunha declaración institucional. Entre os seus puntos máis importantes están: a prohibición das armas nucleares, o desarmamento proporcional, a obxección de conciencia, a sustentabilidade do planeta, a integración socioeconómica de rexións e zonas, a non discriminación e a cultura da nonviolencia.