ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO

Mundo sen Guerras e sen Violencia convida a todas a formar un símbolo humano da paz en Acampa 2018

Os colectivos que forman parte da Rede Acampa teñen este ano un maior protagonismo no evento. Son numerosas as actividades propostas desde o xoves 14 ao sábado 16 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez. Un símbolo humano da paz é a proposta de Mundo sen Guerras e sen Violencia.

Mundo sen Guerras e sen Violencia convida a todas a formar un símbolo humano da paz en Acampa 2018
Simbolo humano da paz
Simbolo humano da paz

Debuxar o símbolo da paz con persoas de todas as idades é a invitación que che fai Mundo sen Guerras e sen Violencia. A continuación, entre todas a lectura do "compromiso ético" simultáneamente en distintos idiomas. Podes apuntarche no seu evento de Facebook:  https://www.facebook.com/events/1835720200055333/

"Hoxe, nos albores do terceiro milenio de Occidente, a supervivencia de toda a especie humana está ameazada e sobre a Terra, a nosa casa común, se cerne o pesadelo da catástrofe ecolóxica e a hecatombe nuclear. En Acampa pola paz e o dereito a refuxio, faremos o símbolo da paz e o compromiso ético. Ven, participa e comprométete"

Compromiso ético

Lector

Estamos nun mundo no que algunhas persoas están dispostas a vender o seu coñecemento e saber para calquera finalidade e a calquer prezo. Éstas persoas cubriron o noso planeta de máquinas de morte; outras usaron o propio enxeño para inventar novos medios, a fin de manipular, enmudecer, e adormecer a conciencia da xente e dos pobos.

Tamén están os homes e mulleres, que utilizaron a ciencia e o coñecemento para aliviar a fatiga e a fame, a dor e o sufrimento da Humanidade; para arrincar a mordaza da boca dos oprimidos e oprimidas; para darlles voz e confianza.

Hoxe , nos albores do terceiro milenio de Occidente, a supervivencia de toda a especie humana, está en perigo ; e, sobre a Terra, a nosa casa común, ameaza o pesadelo da catástrofe ecolóxica e da hecatombe nuclear.

Eiqui, pedimos a todos os ciéntificos e científicas, investigadores e investigadoras, profesionais,educadores e educadoras do mundo, que utilicen os seus coñecementos para exclusivo beneficio da Humanidade e da Natureza.

Asistentes:

Comprométome frente aos meus amigos e amigas, profesores, profesoras, familiares, compañeiros e compañeiras, a non utilizar endexamais na miña vida, os coñecementos recibidos e as aprendizaxes futuras para oprimir a seres humanos, senon polo contrario aplicalos para a sua liberación.

Comprométome a traballar para a eliminación da dor física e do sufrimento mental.

Comprométome a impulsar a liberdade de pensamento e a aprendizaxe da práctica da nonviolencia “ tratar aos demáis como me gustaría ser tratado ou tratada”.

Lector:

O bo coñecemento leva a xustiza

O bo coñecemento evita a confrontación

O bo coñecemento leva ao diálogo e a reconciliación.

Facemos un chamamento dende eiqui a todas as universidades, centros de investigación, institutos e colexios para que se institúa este compromiso ético, análogo ao que Hipócrates creou para os médicos, a fin de lograr que o coñecemento se utilice para vencer a dor e o sufrimento, para humanizar a Terra.

Comentarios
Mundo sen Guerras e sen Violencia convida a todas a formar un símbolo humano da paz en Acampa 2018