Acampa pola paz e o dereito a refuxio

As organizacións coruñesas sociais, poíticas e do terceiro sector sairán xuntas á rúa o domingo para reclamar o fin da guerra en Ucraína

Un lema, “Paz en Ucraína. Saída negociada Xa!. Baixo el, a cidadanía coruñesa e da súa contorna está chamada a berrar en masa un inequívoco Paz pra Ucraína. A concentración terá lugar este domingo, 6 de marzo, ás 12 horas, no Obelisco. 
As organizacións coruñesas sociais, poíticas e do terceiro sector sairán xuntas á rúa o domingo para reclamar o fin da guerra en Ucraína
Colectivos por la Paz en Ucrania
Colectivos por la Paz en Ucrania

A Coruña, 3 de marzo de 2022.- Unha vintena de organizacións sociais, políticas e de defensa dos Dereitos Humanos responderon presencialmente á chamada da Rede Acampa para consensuar unha acción unitaria de rexeitamento da ocupación militar de Ucraína por parte de Rusia.  Os representantes destas, e outros que aínda que non poideron acudir persoalmente anunciaron o seu apoio, determinaron onte sumarse á proposta do Movemento Acampa para esixir o fin da guerra. Baixo o lema “Paz en Ucraína. Saída negociada Xa!”, a cidadanía de A Coruña e a súa contorna está chamada a unha concentración este domingo, ás 12 horas, no Obelisco coruñés. 

“Xa temos novamente que lamentar o horror de persoas mortas, sufrimento e desprazamentos masivos. Opoñémonos a esta dinámica criminal. Esiximos aos gobernos de Rusia, Ucraína, EEUU e Europa que senten a negociar a Paz de xeito inmediato, evitando o sufrimento innecesario da poboación”, sinalan no seu manifesto. Os participantes esixen o cesamento do fogo, a retirada das tropas invasoras e a acollida inmediata de TODAS as persoas refuxiadas que están a chegar aos países da contorna da Ucraína. 

A sociedade civil ten que mostrar o rexeitamento á violencia en Ucraína, sinalan, onde outra vez o pobo está a pagar coa súa vida polos intereses dos seus dirixentes.  A mensaxe a eses dirixentes ten que chegar clara: Paz para Ucraína. Por iso, a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio convida a todos os cidadáns e cidadás da Coruña e dos municipios limítrofes a alzar a súa voz o domingo e a participar na concentración convocada a tal efecto. O manifesto será leído polo comunicador e músico Xurxo Souto, e nela participará activamente a comunidade ucraína da Coruña que, sen dúbida algunha, sentirá a calor e o apoio da sociedade galega.   

As asociacións e colectivos presentes na xuntanza de onte e que respaldan a iniciativa son: Mundo sen Guerras, Foro Galego de Inmigración, Integra Coruña, Simbiose, Aire, Vangarda Obreira, Sen Valos, Solidariedade Galega, Refugees Welcome, Fotos contra A Guerra e RefuCoru. Xunto a eles,  tamén asistiron representantes da Asociación sociocultural Campo de Pena-Palavea, Defensa do Común, UGT, CCOO e CGT, Podemos, Marea Atlántica, BNG e PSOE. Tamén sumaronse á iniciativa Families4Peace e Coordinadora Galega de ONGs, Calquera organización que queira sumarse pode contactar coa Rede Acampa a través do mail [email protected] 

As organizacións coruñesas sociais, poíticas e do terceiro sector sairán xuntas á rúa o domingo para reclamar o fin da guerra en Ucraína