3ª Marcha Mundial por la Paz y la Noviolencia
O alfar poético que cambiará o mundo
O próximo 12 de decembro, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá o evento: “Poemas pola paz”, un recital poético dedicado ao fin das violencias.
10 dic 2024
Carmen Pavón, David Meirás, Gema Millán, Yolanda López, Merche Antón, María Baleato e Miguel Ángel Jiménez serán os participantes deste acto.
Trátase, tal e como explican, dun “Colectivo cidadán que une as súas palabras neste obradoiro para berrar pola paz e a non violencia, e espertar unha sociedade adormecida ante tanto horror e violencia que nos inunda”.
Esta actividade, enmarcada na programación da 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia da Coruña, comezará ás 19:00h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.