Encontro Galego Contra a Otan | nota de prensa

Contra o uso por parte de buques da OTAN do arsenal de Ferrol

Abaixo os plans da OTAN no Ferrol!
Contra o uso por parte de buques da OTAN do arsenal de Ferrol
Presentación do Encontro Galego contra a OTAN
Presentación do Encontro Galego contra a OTAN

O pasado cumio que se celebrou en Madrid os días 28 e 29 de Xuño da OTAN  veu a rectificar o compromiso dos estados membros co aumento do gasto  militar e a venda de armas, o servilismo e a subordinación dos intereses da  maioría traballadora aos intereses imperialistas dos EE. UU, o avance do perigo  de destrución nuclear mundial e o retroceso das ferramentas civís en cuestións  como a migración, que a partir de agora será a mesma tratada como “ameaza híbrida”. 

Neste sentido, o uso das instalacións militares por parte da Alianza Atlántica  en Ferrol segue sendo a tónica xeral á que nos somete o Goberno Español, por moi progresista que se defina. A Armada na devandita cidade está a poñer a  punto un peirao para que calqueira buque da OTAN poida utilizar as bases  navais do Estado español como centrais de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo, e convertindo as localidades  onde están ubicadas en obxetivos militares, feito que supón a total perda de  autonomía para o país. 

Por todo iso, desde o Encontro Galego contra a OTAN, en primeiro lugar, queremos denunciar a obediencia do Réxime do 78 co imperialismo ianqui -  europeo e as consecuencias que a mesma provoca sobre a clase obreira e as  capas populares galegas, e en segundo lugar, rexeitar as reformas, rendendo pleitesía á Alianza Atlántica, que pretende emprender a Mariña en Ferrol, apuntando a esta zona como un enclave bélico. 

Xa por último, e non menos importante, seguimos apelando á maior unidade posible das organizacións, asociacións e persoas a título individual  antiimperialistas a coordinarse na Galiza a través do noso Encontro, para seguir  estendendo a defensa da paz e a soberanía dos pobos. 

Contra o uso por parte de buques da OTAN do arsenal de Ferrol