Hortas urbanas

Asignados os hortos urbanos de Parque Eirís, Novo Mesoiro e Agra do Orzán

O Servizo de Medio Ambiente rematou a pasada semana os traballos de mellora das hortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Parque de Eirís
Asignados os hortos urbanos de Parque Eirís, Novo Mesoiro e Agra do Orzán
Hortas urbanas
Hortas urbanas

O Servizo de Medio Ambiente rematou a pasada semana os traballos de mellora das hortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Parque de Eirís, entre os que cabe salientar a ampliación do número de parcelas nas hortas, a creación de espazos comúns, a instalación de pérgolas, o aumento do número de mesas e bancos, a creación, en cada unha das tres hortas, dunha parcela de uso común que se destinará aos aproveitamentos que, conxuntamente, decidan as persoas adxudicatarias, así como a creación de amplas superficies comúns pavimentadas nas que a comunidade de persoas hortelás poderá instalar pequenos invernadeiros.

Con estas actuacións de mellora levadas a cabo búscase convertir as hortas urbanas coruñesas en espazos de convivencia que permitan ás persoas adxudicatarias o uso e a participación responsable na súa xestión.

Unha vez rematado o procedemento de adxudicación das parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publícase o listado de persoas adxudicatarias e das incluídas na lista de agarda.

A entrega das chaves realizarase nas dependencias do Servizo de Medio Ambiente, sito na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga) en horario de 08:30 a 14:30 horas, nas seguintes datas:

  • - Mércores 11.05.2022:  Parque de Eirís
  • - Xoves 12.05.2022: Parque de Agra do Orzán
  • - Venres 13.05.2022: Parque de Novo Mesoiro

A adxudicación das parcelas e mesas de cultivo do Parque Adolfo Suárez publicarase  unha vez finalizadas as obras, cuxa duración estimada é duns cinco meses.

Coa publicación da Resolución de adxudicación definitiva das hortas urbanas e creación da lista de agarda péchase o prazo para a presentación de novas solicitudes de inclusión na dita lista de agarda.

Asignados os hortos urbanos de Parque Eirís, Novo Mesoiro e Agra do Orzán