BNG | nota de prensa

O BNG ve ben que a alcaldesa solicitase apoio para a Axencia de Intelixencia Artificial, mais bota en falta que se falase sobre o futuro da fachada marítima

Nunha breve avaliación do encontro habido onte entre a alcaldesa e o presidente do Goberno central, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, considera positivo “que se lle trasladase a Pedro Sánchez a proposta de A Coruña ser sede da Axencia de Intelixencia Artificial”, sendo que “engarza coa Cidade das TIC como proxecto estratéxico.

O BNG ve ben que a alcaldesa solicitase apoio para a Axencia de Intelixencia Artificial, mais bota en falta que se falase sobre o futuro da fachada marítima

A Coruña, a 6 de outubro de 2022. Porén, Jorquera bota en falta que na entrevista se abordase o futuro da fachada marítima da cidade. “A alcaldesa tampouco lle pediu a Sánchez que o Goberno español demandase a suspensión cautelar do veto á pesca galega. Si vai haber recurso, pero non suspensión cautelar, que é o único que pode garantir a non exclusión da nosa frota”, remarcou.

O voceiro nacionalista tamén lamenta que no encontro non se tratasen outras materias pendentes como a modernización ferroviaria da liña A Coruña-Ferrol ou a cesión ao Concello da antiga prisión provincial con compromiso de restauración do inmóbel por parte do Estado.

Canto á cimeira hispano-alemá, a xuízo de Jorquera perdeuse a oportunidade de conseguir a complicidade de Alemaña no recurso ao veto á pesca galega.

O BNG ve ben que a alcaldesa solicitase apoio para a Axencia de Intelixencia Artificial, mais bota en falta que se falase sobre o futuro da fachada marítima