Mobilidade

Comezan as obras do ascensor que mellorará a accesibilidade nos Castros

O goberno de Inés Rey formulou esta intervención conxuntamente coa remodelación da praza da Concordia, en que o Concello investiu 212.000 euros. Ambas as actuacións suman máis de 600.00 euros para mellorar a accesibilidade e humanizar o barrio dos Castros.
Comezan as obras do ascensor que mellorará a accesibilidade nos Castros
Obras elevador Os Castros
Obras elevador Os Castros

O Concello inicia as obras para instalar o ascensor dos Castros, que mellorará a accesibilidade no barrio ao conectar as rúas Vila de Padrón e Ortigueira coa avenida da Pasaxe. O obxectivo é que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder á zona superior deste espazo público.

O goberno de Inés Rey formulou esta intervención conxuntamente coa remodelación da praza da Concordia, en que o Concello investiu 212.000 euros. Ambas as actuacións suman máis de 600.00 euros para mellorar a accesibilidade e humanizar o barrio dos Castros.

Esta actuación, que conta cun orzamento de 402.000 euros e un prazo máximo de execución de seis meses, permitirá salvar a elevada pendente que existe na avenida da Concordia. O ascensor, que terá unha capacidade máxima de 12 persoas, desembarcará nunha ampla marquesiña de 18 metros que se utilizará como parada de autobuses urbanos e interurbanos. O novo elevador irá montado sobre un bastidor metálico e disporá dun cerramento de vidro que permitirá a vista panorámica da contorna.

Desde a concellaría aseguran que o primeiro paso nesta actuación para instalar o elevador é realizar o estudo xeotécnico para valorar os servizos existentes e poder executar todos os traballos con garantías. A duración desta primeira fase pode prolongarse até os 15 días.

Comentarios
Comezan as obras do ascensor que mellorará a accesibilidade nos Castros