Innovación democrática

O Concello abre o prazo de solicitude para o uso gratuíto dos Locais de Ensaio municipais

O Concello abre o luns 12 o prazo de solicitude para o uso gratuíto dos Locais de Ensaio municipais entre os meses de abril e outubro

O Concello abre o prazo de solicitude para o uso gratuíto dos Locais de Ensaio municipais
Ensáiate
Ensáiate

Concello da Coruña | 10/03/2018

A Concellería de Participación e Innovación Democrática abre desde o vindeiro luns, día 12, e até o 25 de marzo, a convocatoria para solicitar o uso dos Locais de Ensario municipais do vindeiro semestre. Este servizo que ofrece a área de Mocidade ten como finalidade facilitar a mozas e mozos da Coruña, solistas ou membros de grupos un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para que poidan desenvolver as súas inquedanzas. Os Locais de Ensaio atópanse no Coliseum coruñés, e están integrados por tres salas de ensaio e unha de control e gravación de maquetas. O horario de apertura do espazo, cuxas bandas residentes poderán usar até un máximo de tres horas semanais, abrangue as mañás e tardes dos xoves, venres, sábados e domingos, de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 22.00 horas, ademais das tardes dos luns e mércores entre as 16.00 e as 22.00 horas.

A convocatoria está aberta para todas aquelas bandas do concello da Coruña ou que, cando menos, a metade das persoas integrantes estean empadroadas na Coruña ou matriculadas nalgún centro educativo do termo municipal no presente curso escolar. A este respecto, destaca entre os requisitos para poder participar que as ou os membros dos grupos teñan un mínimo de 12 anos cumpridos a 23 de abril de 2018. Deste modo, á hora de achegar a solicitude, que se poderá descargar da páxina web www.coruna.gal/cmix, será necesario incluír o voante de empadroamento ou resgardo da matrícula da metade, como mínimo, das e dos membros da banda, a fotocopia do DNI de cada unha das persoas que formarán parte do grupo e, no caso que as persoas solicitantes sexan menores de 12 anos, o dni e a autorización da nai, pai ou responsable legal para a participación nas actividades de ensaio como noutras iniciativas que poidan ter lugar desde os Locais, como a gravación, exhibición, ou formación. Toda a documentación deberase enviar ao correo [email protected].

Á hora da selección das bandas --cuxas solicitudes serán valoradas por unha comisión técnica-- terán prioridade aquelas cuxos membros sexan menores de 30 anos. Porén, os grupos musicais nos que algunha das persoas intergrantes excendan dita idade terán igualmente a consideración de grupos xuvenís, para os efectos de poder acceder ao uso dos locais cando polo menos a metade das e dos membros da banda cumpran o requisito da idade. Outro dos criterios de selección será  formar parte da lista de agarda dos locais, sen posuír a condición de usuaria. No caso das bandas que sexan residerentes e desexen presentar de novo a súa solicitude, terán preferencia aquelas cuxos membros tiveran unha asistencia continuada ás instalacións ou sexan menores de 30 anos, entre outras cuestións.

A lista provisional de grupos admitidos publicarase o mércores 28 de marzo tanto no web www.coruna.gal/cmix coma no blog dos Locais de Ensaio. As persoas interesadas poderán presentar as alegacións que estimen oportunas na defensa dos seus intereses, nun prazo de 10 días naturais, e o día 11 de abril terá lugar a publicación da lista definitiva nos espazos web citados con anterioridade. Todas as solicitudes achegadas fóra do prazo habilitado serán atendidas, por orde de recepción, a partires do 23 de abril.

O Concello abre o prazo de solicitude para o uso gratuíto dos Locais de Ensaio municipais