Identidades sexuais

A Coruña tamén é “cidade acolledora” para o colectivo LGTBQI

O Concello quer facer da cidade “un destino urbano de referencia que acepta e acolle a todas as diversidades sexuais e afectivas”, di o concelleiro Alberto Lema.

A Coruña tamén é “cidade acolledora” para o colectivo LGTBQI
lgtbqi
Mapa de lugares de interese e recursos na Guia LGTBI.

Cales son as visitas imprescindibles na cidade para os potenciais turistas do colectivo LGTBQI ao que vai dirixida a primeira dunha serie de guías que o departamento de Turismo dirixirá a colectivos concretos? Pois os Museos Científicos, os mercados municipais, as galerías da avenida da Mariña ou monumentos como a Torre de Hércules, as praias, sendas peonís ou ciclables e o Paseo Marítimo…

A guía presentárona esta semana conxuntamente Rocío Fraga (responsable de Igualdade) e Alberto Lema (Emprego e Turismo). "Esta guía non quere destacar lugares específicos, senón que quere mostrar o conxunto da Coruña como unha cidade acolledora para as diversidades sexuais e afectivas, e destacar tamén a grande oferta hostaleira e comercial para todas as persoas visitantes", sinalou Rocío Fraga, quen salientou a inclusión no mapa "dos servizos de atención ás persoas LGTBQI que hai na cidade".

No mapa incorpórase tamén o contacto de asociacións e entidades sociais que desenvolven a súa actividade neste eido, así coma un repaso histórico da relación da cidade cos movementos sociais e os fitos que marcaron a historia do colectivo na Coruña.

Descargar guía lgtbOi


 

A Coruña tamén é “cidade acolledora” para o colectivo LGTBQI