Non foi preciso cortar a auga

Emalcsa reparou onte a tubaxe principal do subministro de auga á Coruña

Os traballos na canalización de 800 mm de diámetro desenvolveronse ao longo do día e remataron contra ás 22.00 horas.
Non foi preciso cortar a auga grazas ao uso de canles alternativas na rede de subministro, pero deronse episodios de turbidez durante a xornada.

Emalcsa reparou onte a tubaxe principal do subministro de auga á Coruña

O persoal técnico de Emalcsa traballou no día de onte para reparar a principal tubaxe de subministro de auga á cidade da Coruña, á altura da Universidade Laboral, en Culleredo. Nos últimos días detectouse unha fisura de pequeno tamaño na mesma, que presentaba risco de rotura, polo que se procedeu de inmediato a planificar o amaño.

Os traballos de reparación nesta tubaxe de 8 metros de diámetro desenvolveranse ao longo de todo o día e remataron, contra ás 22.00 horas. Trátase dunha operación complexa, pero non requiriu cortar o servizo de auga en ningún punto, grazas ao uso de canalizacións alternativas na rede de subministro. Non obstante, ao longo da xornada deronse episodios de auga turbia. Pero é importante recalcar que estas variacións na turbidez non supoñen risco de ningún tipo para a poboación. Non afectan á salubridade da auga e non teñen consecuencias sanitarias para o consumo humano.

Reforzo do sistema cunha nova tubaxe de 1200 milímetros

Como parte do proceso de renovación da rede de agua, Emalcsa aproveitou os traballos para instalar unha nova tubaxe de 1.200 mm de función dúctil, máis resistente ás roturas, que ofrecerá maior seguridade neste punto crucial e conectará coas canalizacións xa renovadas o ano pasado na Avenida da Vedra.

Así está previsto no Plan Director de Infraestruturas da empresa municipal, mantendo a tubaxe anterior de 800 milímetros para dar servizo en caso de posibles avarías ou complicacións. Esta mellora fica pendente dos permisos do goberno autonómico, que a Xunta se comprometeu a facilitar nos próximos días.

Esta actuación tamén forma parte das medidas que se están a tomar para facerlle fronte á situación de seca, mediante a revisión e supervisión de toda a rede de subministro para detectar posibles problemas e perdas de auga.

Emalcsa reparou onte a tubaxe principal do subministro de auga á Coruña