Eleccións municipais 2019 | Urbanismo . Entrevista a Xiao Varela

“Ímos cumprir os acordos que mantivemos coa veciñanza ”

Xiao Varela explicou o proxecto urbanístico que desenvolverá Marea Atlántica, se continúa no Concello da Coruña.  Cambios nos que levan traballando anos, coordinados cos vecinos, e nos que calcula gastarán uns 4,4 millóns de euros, fronte aos mais de 160 millóns do proxecto presentado pola Xunta de Galicia. Entre as transformaciós urbanísticas mais urxentes da cidade, hai un dos puntos mais polémicos dos novos investimentos: a Intermodal. Varela confirmou que saerá adiante,  así como o viaduto da Ronda de Nelle e o Centro deportivo do Castrillón.

“Ímos cumprir os acordos que mantivemos coa veciñanza ”
Xiao Varela 01
Xiao Varela

- ¿Vai a haber Estación Intermodal na Coruña?

- Ao final seguro que sí, o que a segue conséguea. A pena é que non estea xa botada a andar dun xeito mais eficiente. Ímos seguir pelexando porque chegue a bo porto.

A Intermodal é unha infraestructura, que estamos convencidos que é clave para a transformación do modelo de movilidad da cidade. Imprescindible. Sobre todo polo que vaia supoñer de impulso ao transporte público, colectivo, e tamén á  intermodalidade que vai a asinar con outros medios grandes de transporte.  E aquí hai un parámetro moi importante, no que traballamos moito, dentro do que significa unha Intermodal.

Non trátase só de que haxa menos coches porque o transporte público, tren e autobuses, sexa máis eficiente senón que tamén sexa cómoda con o transporte urbano, a bicicleta e os tránsitos peonís. Entón, non é só un equipamento de carácter metropolitano, senón que ademáis pode mellorar moito o barrio de Os Mallos, e a interacción co resto dos barrios veciños.

Iso está no centro da nosa proposta de intervención nos accesos. É certo que agora mesmo Os Mallos pola Avda de Arteixo, pola Rolda de Outeiro, pola Avda Sardiñeira e pola propia estación de tren, ten certo grado de illamento.

Plano da Estación Intermodal

Nos o que temos que conseguir é facilitar o acceso dos buses de maneira eficiente á propia estación, e tamén o acceso dos coches, lóxicamente, pero utilizamos iso como unha oportunidade para mellorar o contorno. Queremos resolver problemas circulatorios micro, non só macro, e humanizar a zona. Que a urbanización que se vaia a facer, mellore as condicións de calidade do espazo público. Hai tres exemplos desas duas escalas:

 Rotonda da Avenida de Arteixo

 Aparece unha nova rotonda na Avenida de Arteixo, que serve esencialmente para dar operatividade aos buses, que agora chegan pola C-14.

Despois que reformuláramos o esquema inicial, que había no 2009, que se pactou no seu momento, que chegaban os buses por Salgado Torres e cruzaban a través de Ferrocarril por un viaducto. Cunha urbanización moi cara para chegar a Avenida da Sardiñeira, e facendo infraestructuras bastantes duras, que sí interconectaban, pero non axudaban á humanización da zona. Pensamos: non fagamos novas infraestructuras, senón que apoiémonos na C14, e polo tanto, cruzando o polígono da Sardiñeira, por un vial novo que aparecerá, chegaríamos a rotonda que daría acceso a Estación de autobuses. E iso ademáis permitiría protexer a Avenida da Sardiñeira. Esta rotonda e imprescindibel para ou acceso intermodal, a partir dela, con rampas, chégase á Estación de autobuses.Tal e como se sitúa dá saia á Avenida dos Mallos e conecta tamén con Vioño.

O que xeneramos son solucións micro para os propios barrios, con demandas dos propios veciños. As circulacións interiores do barrio serán mais eficientes. O tráfico mais denso vai a estar nas arterias principáis.


Marqués de Figueroa

Vánse acabar, con esta intervención, os atascos de Marqués de Figueroa pola configuración da nova rotonda. Hai viales secundarios que operativizan iso, e que van eliminar os atascos. A través de infraestructura de escala supra-municipal o que conseguimos tamén é resolver problemas micro do propio barrio.

Bulevar na Avda de Sardiñeira

E outra cousa que tivemos en conta é conseguir que a zona da Avda de Sardiñeira mellorara as condicións de urbanidade. Porque o que facemos é un boulevard, "boulevarizamos" a Avenida de Sardiñeira. Porque non é necesario que os buses atravesen. Aproveitando ese esquema o que temos é un paseo de catrocentos metros, horizontal, asollado e despexado sobre a propia estación e sobre a cidade, porque está a diferenza de cota. A estación está por debaixo e non hai nada que asombre esta zona.

Ademáis, ampliamos varias rúas ata sete metros e medio nalgún punto, mantendo o arborado existente. Queda un so carril nesta parte e dous nesta zona, isto sumado ao carril bici e a ampliación de varias ruas na cidade, conseguimos unha alameda, un bulevar.

 Avenida do Ferrocarril

Esta intervención, por desgraza, tivemos que traballar nela sós, porque A Xunta de Galicia aínda non ten o proxecto, nin nos foi comunicando nada sobre a Estación de Autobuses. En calquera caso é compatible co seu proxecto. Nós imos ir executando o que se poda, en tal caso.

A Avenida do Ferrocarril sí que está coordinada con Adif, se coordinó moito con nosa intervención. A parte que se ve en rosa é a parte que executa Adif, que é a zona de marquesinas, que vai a haber diante da estación de San Cristóbal.

Aquí están as zonas de paradas de taxis.. de kiss and ride, para deixar á xente e marchar. E están os accesos ao túnel que vai a comunicar a Avenida do Ferrocarril co aparcamento.

Vai a haber un túnel por debaixo da grapa que comunique unha zona con outra. Co cal vas poder chegar ao aparcamento desde a Avenida do Ferrocarril en coche. A saída do túnel está coordinada coa rotonda, que executamos en Conde Medín, que estaba xa coordinada con esta intervención. Aproveitamos o tema para ampliar varias rúas, mellorar os pasos de peón, optimizar o esquema circulatorio, e aparece ademais esta rotonda na desembocadura de Xeneral Rubín, que tamén vai a axudar a distribuír ou tráfico.

O tema dá grapa é relevante porque na intervención preocupábanos moito a conexión dás suas veiras dá estación e San Rosendo. Vai ser unha rúa mais, dentro do esquema urbano do ámbito. Negociamos con Adif que sexa unha rua de 6 metros de ancho e con cuberta. Vai ser un elemento dinamizador.

O acceso deste túnel que comunica Adif co aparcamento, vai posibilitar tamén o acceso a Correos, que si se mantén, poderá chegarse por o subsuelo a esta zona.

Puga e Parga

Temos previsto intervir sobre Pardo de Cela e Puga e Parga, mellorando a urbanización desas ruas e introducindo carril bici.

O que vai en gris son carriles bici. Isto o que vai conseguir é que a rede que estamos facendo, non só para lecer, senón tamén para que sexa operativa, intentamos que asemelle coa rede que hai nos barrios, especialmente nos Mallos. E dese xeito, conseguimos que haxa unha conexión con Palloza, Matogrande e de aí con San Cristóbal e con Metropolitano.

Xiao Varela, co proxecto da Intermodal

- Ata agora este tema de Intermodal sempre se atrasou. Con qué situación atopámonos agora?

- Efectivamente atopámonos con menos colaboración da que esperábamos por parte da Xunta de Galicia. Non así de Adif.  

Cun proxecto tan complexo e reformulado de xeito radical cando chegamos, había un de 160 millóns de euros, e de obras faraónicas. Agora, polo menos, creo que foimos cara a unha obra con mais sentido.

Neste ano e medio imos transformar eses proxectos en proxectos de execución. Cando estea modificado o planeamento poderemos licitalo, adxudicalo e executarlo. Vanse ir consumindo prazos.


- ¿Entón, falamos ao redor de 2020 para aprobar o proxecto de execución?

- O orzamento de base de licitación é de 4,4 millóns de euros. A fináis de 2021 estaríamos executando as obras. A nosa parte a imos facer.

Rúa Ramón Cabanillas

Nos fixemos San Vicente, no noso momento, e o acordo que temos coa veciñanza é que imos cumprir. Que se faga o tramo da Praza como antesala a Ramón Cabanillas. O proxecto o imos facer nos próximos meses. Hai que cuadralo ben, co tema do mantemento do tráfico, porque as obras alí son sensibles.

Ademáis, temos previsto intervir no troziño de Ramón Cabanillas fronte ao mercado, ese proxecto está nos Fondos Eidus. O feito de non conseguir aprobar os orzamentos porque a oposición votou en contra, condicionou a licitación dalgúns investimentos, entre eles Ramón Cabanillas. Agora o que estamos facendo, porque perdemos 25 millóns de euros, é mirar cales se poden executar e cales non.

Estamos intentando, entre outros, salvar, que nos parece moi prioritario, o Viaducto da Rolda de Nelle e o Centro deportivo do Castrillón.

“Ímos cumprir os acordos que mantivemos coa veciñanza ”