Consello Económico e Social

Jorquera avanza que o BNG impulsará o Consello Económico e Social para dinamizar a economía local

O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, mantivo un encontro con Executivas de Galicia no que expuxo o seu "proxecto económico" para a cidade e propuxo a creación dun Consello Económico e Social para impulsar a economía local.
Jorquera avanza que o BNG impulsará o Consello Económico e Social para dinamizar a economía local
Jorquera con Executivas de Galicia
Jorquera con Executivas de Galicia

Durante a reunión, Jorquera tamén criticou a política de vivenda da Xunta de Galiza, sinalando que o PP coruñés debería ser esixente coa administración competente. “As principais competencias en materia de vivenda radican na Xunta de Galiza, unha administración que podemos dicir que carece de política sobre esta materia”, afirmou.

O candidato do BNG propuxo facer da vivenda unha cuestión central a partir do 28 de maio, aspirando a unha cidade da que ninguén teña que marchar por non poder acceder a unha vivenda digna. A Xunta de Galiza promoveu menos vivendas públicas nos últimos anos que baixo o impulso do BNG no bipartito (2007-2009), segundo datos expostos por Jorquera durante a reunión.

En canto á dinamización económica da cidade, Jorquera afirmou que o Concello debería xogar o rol de liderado e de dinamizador da economía local. Actualmente, o Concello ten dificultades para exercer este papel, xa que só foi quen de aprobar dous orzamentos durante este mandato (2020 e 2022) e só é capaz de executar un terzo dos investimentos orzados.

Executivas de Galicia expresaron a súa disposición a participar no foro proposto polo BNG e sinalaron que o proxecto económico estratéxico para A Coruña debería incluír medidas específicas para fomentar a igualdade de xénero e a diversidade nas empresas.

Jorquera avanza que o BNG impulsará o Consello Económico e Social para dinamizar a economía local