Eleccións municipais | BNG

Jorquera traballará para dar uso a solares e edificios abandonados nos barrios

O candidato do BNG aposta por recuperar a relación de Oza e Os Castros co mar rescatando espazos para uso público.

Jorquera traballará para dar uso a solares e edificios abandonados nos barrios
Jorquera no Forum despois do debate
Jorquera no Forum despois do debate

A Coruña, 9 de marzo.- “Desde o Concello pódese impulsar unha política para a recuperación de solares e edificios abandonados nestes barrios nunha dobre dirección: por unha banda, reforzando a inspección e exercendo a impoñendo sancións se é preciso, como necesaria labor de fiscalización do espazo público; e por outra, negociando cos propietarios a cesión temporal de uso, de maneira que o Concello asuma o mantemento e reverta o ben para uso da veciñanza”, dixo Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, esta mañá nun debate no Fórum Metropolitano organizado pola AA.VV. Oza Os Castros A Gaiteira.

Durante o debate, Jorquera sinalou algunhas das liñas do programa do BNG respecto dos barrios e avanzou algunhas propostas concretas para Oza, A Gaiteira e Os Castros. “Queremos recuperar espazos urbanos para o uso da cidade, e estes barrios en concreto xóganse moito coa solución para o porto interior. Aquí, actuacións como recuperar as galerías da rúa Mercede, explorar as posibilidades de usos para solares e fincas en abandono, dotar dun uso permanente ao Faro e á Capela de Oza, ou negociar con ADIF a recuperación do espazo entrevías en Casablanca poden revitalizar os barrios e axudar a recuperar a súa relación co mar”, dixo o candidato, que tamén se referiu ao rescate de edificios públicos agora en desuso, como a antiga Casa do Concello de Oza, e a obriga de traballar desde o Concello para axudar á conservación de edificios singulares, como as casas modernistas ou o edificio Citröen.

Jorquera traballará para dar uso a solares e edificios abandonados nos barrios