Campaña "Confiamos na Marea"

A Marea Atlántica estará na Agra o mércores día 1 de marzo

Marea Atlántica recorrerá os principais barrios da cidade para explicar a situación política no Concello que se abriu a raíz do rexeitamento da moción de confianza no alcalde. O encontro nos Mallos deste luns día 27 foi suspendido.

A Marea Atlántica estará na Agra o mércores día 1 de marzo
Presentación da campaña de Marea Atlántica este venres no Campo da Leña
Presentación da campaña de Marea Atlántica este venres no Campo da Leña

A campaña informativa desenvolverase a partir do próximo luns baixo o lema Confiamos na Marea e chegará aos Mallos e a Agra a semana seguinte.“Queremos levar a rúa o debate sobre os motivos e consecuencias da cuestión de confianza, os proxectos que o goberno levou a cabo e os que quedan por facer”, dixo esta mañá Sabela Pérez, da Marea Atlántica, na presentación da campaña Confiamos na Marea que levará ao alcalde e a distintos concelleiros a unha rolda por Monte Alto, Palavea, Novo Mesoiro, Os Castros e A Gaiteira, a Agra do Orzán e o campus universitario nas dúas próximas semanas.

A Marea Atlántica xa comezou hai uns días unha campaña informativa coa distribución dun folleto, editado polo grupo da Marea na Deputación, que dá conta do traballo do goberno municipal durante o ano 2016 para contrarrestar as críticas recibidas desde o resto de grupos municipais.

Os actos públicos, que terán un formato similar aos da campaña Dillo Ti, empezan o luns día 20 en Monte Alto e chegarán á Agra o mércores 1 de marzo. Nos Mallos, o lugar do encontro será a sede do Club Ciudad Jardín.

O prazo para que os grupos da oposición poidan presentar unha moción de censura remata o día 6 de marzo. O encontro nos Mallos deste luns día 27 foi suspendido.

A Marea Atlántica estará na Agra o mércores día 1 de marzo