CANCEIRA MUNICIPAL

Marea Atlántica e Libera apostan pola xestión pública do centro municipal de acollida animal

Reclaman do goberno local un cambio de rumbo nas instalacións da canceira en Bens, cunha xestión 100% pública apoiada por programas de voluntariado

Máis de 42.000 sinaturas sumáronse á proposta que xa se trasladou a todos os grupos da oposición en María Pita

Marea Atlántica e Libera apostan pola xestión pública do centro municipal de acollida animal
Reunión de Libera e Marea Atlántica
Reunión de Libera e Marea Atlántica

A Asociación Animalista Libera e o grupo municipal da Marea Atlántica mantiveron nun novo encontro de traballo para avanzar na proposta que o colectivo en defensa dos animais ten para municipalizar a canceira, cuxa concesión finaliza en 2021.

A Marea Atlántica e Libera coinciden en que unha xestión 100% pública, apoiada por programas de voluntariado e colaboración con entidades protectoras, daría resposta a crecente demanda social que esixe mudanzas de fondo nas intervencións das administracións públicas en materia de benestar animal, e subliñaron os importantes avances acadados no anterior mandato, como o incremento nun 67% do número nas entregas de cans a familias.

O colectivo animalista xa reuniu máis de 42.000 sinaturas e mantivo encontros coa totalidade dos grupos políticos da oposición en María Pita, para presentarlles a súa campaña para acadar un centro municipal de acollida público e baixo xestión directa do Concello, lembrando que na institución local existe experiencia para levar adiante este traballo cando finalice o contrato que leva vixente dende 2006.

O encontro tamén serviu para valorar os primeiros meses de goberno do PSOE e as propostas que poderían poñerse sobre a mesa para implantar políticas públicas de benestar e protección dos animais na Coruña para 2020.

Comentarios
Marea Atlántica e Libera apostan pola xestión pública do centro municipal de acollida animal