BNG | nota de prensa

Sobre a nova estrutura do Goberno Local

Este luns 19 de xuño coñeceuse a nova estrutura do Goberno Local. Eis a avaliación que lle merece ao noso portavoz, Francisco Jorquera.

Sobre a nova estrutura do Goberno Local

"Á falta dunha valoración máis demorada, quero lembrar que unha crítica bastante xeralizada que se lle facía ao anterior Goberno Local de Inés Rey é que había unha concentración excesiva de poder en moi poucas persoas. Existía un núcleo duro que todo o controlaba, provocando lentitude e moitos problemas na xestión municipal no día a día, até o punto de ter causado a exterioración de diferenzas entre os propios componentes do Goberno Local, concelleiras e concelleiros que se sentían tratados como comparsas e que se queixaban de que os seus temas eran sistematicamente bloqueados.

Pois ben, se examinamos a estrutura de Goberno Local que vén de anunciar Inés Rey todo parece indicar que se reproduce o esquema do anterior mandato".

Sobre a nova estrutura do Goberno Local