SERVIZOS PÚBLICOS

O plan do Concello para reverter as desigualdades arranca en Monte Alto

Os traballos comezarán o día 19 e durante o próximo ano o programa actuará nos dez distritos.

O plan do Concello para reverter as desigualdades arranca en Monte Alto
Estrada e fincas sen limpar a finais de maio en Cances.
Estrada e fincas sen limpar a finais de maio en Cances.

"Queremos construír unha cidade cun espazo público de calidade, e por iso lanzamos este programa, que dará a volta á cidade cada ano: 10 distritos en 12 meses, barrio a barrio e en igualdade de condicións, porque coidaremos por igual do barrio de Eirís e Monte Alto, que  de Juan Flórez, e A Silva que a praza de Lugo", indicou esta mañá o alcalde, Xulio Ferreiro, na presentación do programa A pé de barrio, do que como xa adiantou hai uns días na Silva, acturá alí en outubro. O programa comezará por Monte Alto, o distrito 10 na proposta de distribución da cidade que estuda o Goberno municipal. O 10 Monte Alto, Atochas, Cidade Vella, Orillamar, As Lagoas, Pelamios, Zalaeta, Orzán, Maestranza, Peixería, Durmideiras, A Torre e Agra de San Amaro.

“Estamos a facer unha recollida de información coa que construír a diagnose que dará pé á planificiación da intervención de cada un dos distritos”, dixo a concelleira de Participación Claudia Delso. As intervencións, segundo avanzou Rexeneración Urbana, consistirán en mantemento na dispositivos e estruturas de mobilidade, que incluirán melloras no alumeado, conservación e mantemento de túneles, escaleiras, beirarrúas, firmes e espazo público. Tamén haberá intervencións do departamento de Medio Ambiente. María García, a responsable, sinalou que haberá limpeza viaria con auga, retirada de pintadas e chicles, retirada de herbas das rúas, reposición e reparación de contedores e papeleiras, e todo o relativo ao control de pragas e desratización.

“A través deste programa tratamos de ir revertendo esas desigualdades históricas que sufriron os barrios", incidiu Delso, mentres o alcalde anunciaba que os traballos de A pé de barrio en Monte Alto iniciaranse o día 19 deste mes de xuño.


 

O plan do Concello para reverter as desigualdades arranca en Monte Alto