Podemos | nota de prensa

Podemos A Coruña insta á Xunta a compatibilizar a RISGA co Ingreso Mínimo Vital

Isabel Faraldo: “A Xunta tivo un ano para facer compatible a RISGA co Ingreso Mínimo Vital e agora a súa incompetencia pon en risco a dúas mil familias vulnerables en Galicia”.

Podemos A Coruña insta á Xunta a compatibilizar a RISGA co Ingreso Mínimo Vital
Isabel Faraldo int
Isabel Faraldo int

A Coruña, 8 de xuño de 2021. Podemos A Coruña levará a pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a facer compatible a RISGA e o Ingreso Mínimo Vital e que paralice así a reclamación da devolución desta axuda a dúas mil familias na nosa comunidade que durante as últimas semanas recibiron as cartas para o reintegro da mesma.

O primeiro que sinala a concelleira de Podemos, Isabel Faraldo, é que “a Xunta tivo un ano para facer compatible a RISGA co Ingreso Mínimo Vital e agora a súa incompetencia pon en risco a dúas mil familias vulnerables en Galicia”, e continúa dicindo que respecto a este tema “ Feijóo preferiu confrontar co Goberno Central que garantir que as familias galegas que o precisen puideran percibir as dúas rendas, algo que si fixeron en comunidades como Pais Vasco, Aragón, Canarias ou Navarra”.

Podemos pide o acordo da corporación de A Coruña porque considera que a reclamación da Xunta pon en risco extremo a economía xa precaria destas familias que, nalgúns casos, terán que recorrer ao propio Concello. Sinalan, ademais, que “se non poden integrar os cartos reclamados, perderán o acceso a outras axudas, como poden ser as relativas aos gastos de comedores escolares ou contra os desafiuzamentos”.

A concelleira recorda que a formación morada aposta pola creación dunha “renda social municipal” como unha ferramenta fundamental para a protección das familias en situación de vulnerabilidade en A Coruña.

Comentarios
Podemos A Coruña insta á Xunta a compatibilizar a RISGA co Ingreso Mínimo Vital