Remarcaron “a necesidade dun impulso social na política de unidade popular”

René Gamborino e Carmen Armada, elixidos como co-Coordinadores de Esquerda Unida na Coruña

Esquerda Unida elixe por unanimidade a súa nova coordinadora local. A asemblea local reafirmou a súa aposta pola converxencia dende a esquerda e a consolidación do bloque institucional de cambio.

René Gamborino e Carmen Armada, elixidos como co-Coordinadores de Esquerda Unida na Coruña
CPL
A nova Coordinadora Local, de esquerda a dereita: MIguel García, Carmen Armada, René Gamborino, Aurora Paz, Nicanor Acosta e Breta Vigil

A asemblea local reuniuse no día de onte para renovar os órganos locais e definir a política de Esquerda Unida para o vindeiro ciclo político.

Esquerda Unida elixe por unanimidade a súa nova Coordinadora Local. A asemblea local de Esquerda Unida da Coruña decidiu por unanimidadeeste martes renovar a súa dirección elixindo un equipo plural, paritario e que conxuga unha ampla renovación e caras novas ( con referentes indiscutibles da historia social da cidade. Esta dirección colectiva, conformada polas militantes Berta Vigil, Miguel García, Aurora Paz, René Gamborino, Nicanor Acosta e Carmen Armada, nace co reto de relanzar a actividade política e orgánica de Esquerda Unida ante as e os coruñeses. A asemblea contou asemade coa presenza da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla.

René Gamborino e Carmen Armada, elixidos como co-coordinadores de Esquerda Unida na Coruña, remarcaron “a necesidade dun impulso social na política de Unidade Popular que a organización ven desenvolvendo durante os últimos anos. Agora toca tecer, construír tecido organizado entre os diferentes espazos sociais e políticos para construír unha axenda común en defensa dos nosos dereitos democráticos e unha vida digna.” Unha EU que tal como expresaron debe de converterse “no referente indiscutible de organización e loita para as e aos agredidos polas consecuencias da crise. Unha esquerda que sexa expresión do sentir e necesidades das clases populares, para o que se inicia un camiño de profundas transformacións internas, na liña do aprobado na última asemblea nacional”.

A asemblea local reafirmou a súa aposta pola converxencia dende a esquerda e a consolidación do bloque institucional de cambio. Asimesmo, na asemblea de onte ratificouse a confianza de Esquerda Unida da Coruña nos espazos de confluencia, especialmente a nivel local coa Marea Atlántica. Manifestouse a vontade de continuar polo camiño da unidade popular e de participar de xeito activo nos procesos de debate que se abran, reafirmando a necesidade da converxencia das esquerdas por unha saída social e de ruptura fronte á crise económica.

Comentarios
René Gamborino e Carmen Armada, elixidos como co-Coordinadores de Esquerda Unida na Coruña