A Coruña

Estas serán as alteracións no tráfico polas celebracións do Entroido 2022 na cidade da Coruña

Consulta aquí as rúas onde se levarán a cabo cortes de tráfico e circulación durante os festexos, entre o venres 25 de febreiro e o mércores 2 de marzo
Estas serán as alteracións no tráfico polas celebracións do Entroido 2022 na cidade da Coruña
Entroido na Coruña
Entroido na Coruña

A dirección de área de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña prevé, no contexto das festas do Entroido 2022 que rematan o vindeiro mércores, día 2 de marzo, as seguintes alteracións no tráfico da cidade.

A maioría das incidencias previstas rexistraranse entre o martes 1 de marzo, de carácter festivo, e o mércores 2 de marzo, coincidindo estas datas con eventos como a Festa Choqueira da Torre e o Enterro da Sardiña.

As alteracións no tráfico previstas entre esta fin de semana e a vindeira semana son as seguintes, por día e horario:

Venres 25 de febreiro

HORA: De 10.00 a 11.00. Corte dun carril durante vinte minutos na rúa de San Andrés, 36, fronte ao Círculo de Artesáns. Darase alternativa ao tráfico co apoio da Policía Local ao parar o camión no carril de circulación para descargar material polo Velorio da Sardiña.

HORA: De 13.15 a 13.45. Corte parcial da rotonda da rúa da Torre coa rúa San Xoan, polo lado do estanco; corte do acceso á rúa San Xoan desde a praza de España; e corte do acceso á rúa Baltasar Pardal Vidal desde a praza das Atochas, para a colocación de lousas de inauguración polo Andar do Entroido. Os outros movementos de tráfico respectanse.

Sábado 26 de febreiro

  • HORA: Ás 12.00. Adiántase o peche da rúa de San Andrés para a montaxe das carrozas do desfile.
  • HORA: De 17.30 a 19.00. Corte total da praza de Santa Catalina - Cantóns - Avenida da Marina - Porta Real para a celebración do desfile de carrozas que entrarán na praza de María Pita. Mantense a parada interurbana de Entrexardíns e desviarase o transporte público da avenida da Marina pola avenida do Porto.

Martes 1 de marzo

  • HORA: Ás 10.00. Ocúpase o cruzamento da rúa Curros Enríquez coa rúa da Torre desviándose o tráfico pola parada de taxis, que se suprime puntualmente, para a montaxe dun camión-escenario.
  • HORA: Das 16.00 do 01/03 ás 1.30 do 02/03. Peche total da rúa da Torre, desde a rúa Miguel Servet, pola Festa Choqueira da Torre.

Mércores 2 de marzo

  • HORA: De 18.00 a 21.30. Peche da rúa Concepción Arenal, polo responso final previo ao Enterro da Sardiña.
  • HORA: De 20.45 a 21.00. Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polas rúas Concepción Arenal - Avenida de Hércules - Rúa da Torre - Campo da Leña.
  • HORA: De 21.00 a 21.30. Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polo Campo da Leña - Rúa da Torre - Orillamar - Rúa Manuel García Canzobre - Glorieta de Durmideiras - Rúa Regata Cutty Sark - Praia de Santo Amaro.

Estas serán as alteracións no tráfico polas celebracións do Entroido 2022 na cidade da Coruña